A soprano Loli Crespo e o pianista Alejo Amoedo ofrecen en Rianxo o concerto Saudades d’Alborada

07 Maio 2021

Na xornada do 15 de maio, ás 20.30 horas, a Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo albergará un concerto de baladas e zarzuelas galegas a cargo de Loli Crespo (soprano) e Alejo Amoedo (piano). O concerto Saudades d’Alborada virá precedido da presentación do traballo discográfico do mesmo nome editado por Dos Acordes, incluíndo unha breve conferencia a cargo de Javier Jurado, profesor e responsábel da editorial, sobre os compositores e as obras incluídas nel.

Esta proposta enmárcase no Programa de Música de Cámara-IV Ciclo Novos Intérpretes da EMR e o Concello de Rianxo 2021, que se inicia con esta actividade e no que se inclúen outras 8 propostas, que se desenvolverán no Auditorio de Rianxo ao longo do presente ano.

Outros artigos

Ribeira prepárase para vivir a terceira Noite Tradi no 11 de xullo

O folclore segue protagonizando citas dentro do calendario municipal de Ribeira. A terceira Noite Tradi celebrarase no sábado, 11 de xullo, a partir das 22.00 horas, na praza de Porta do Sol. Alí actuarán os grupos locais Bailadela e As Sete Linguas da Asociación...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...