
O Porto do Son vai comezar outubro con música tradicional: coas actividades formativas da docente Manola Valiño no Edificio de Usos Múltiples, que se van celebrar os luns pola tarde a longo deste curso 2026-2027.
Haberá actividades formativas arredor da pandeireta, o canto e o acompañamento con diferentes instrumentos de uso tradicional. Tamén se practicarán cantos populares, xogos vogais e composicións grupais.
Non será preciso ter coñecementos previos de música.
As sesións levaranse a cabo todos os luns pola tarde en dúas quendas: de 17.30 a 18.30 horas e de 18.30 a 19.30 horas.
Quen precise máis información pode solicitala a través do número 674 711 088 WhatsApp.
Organiza a asociación cultural e musical Bailadela en colaboración co Concello do Porto do Son.



