SumaRibeira anuncia unha completa batería de propostas para mellorar a mobilidade e a accesibilidade

23 Abril 2021

SumaRibeira anunciou que vai propor en pleno unha batería de medidas específicas para “mellorar a mobilidade e accesibilidade das persoas con discapacidade”. Proporanse, engade a agrupación, compromisos concretos con partidas orzamentarias explícitas e máis unha auditoría periódica para comprobar o nivel de execución de ditas partidas.

Suma Ribeira, a través de seu concelleiro, Xurxo Ferrón, presenta esta iniciativa “dende o convencemento de que son necesarias medidas concretas, non só xenéricas, de cara a procurar a equiparación de dereitos que permita falar dunha integración real das persoas con discapacidade en todo o municipio, e a prol do principio de igualdade de oportunidades”.

A proposta de Suma Ribeira recolle unha serie de actuacións concretas coas que emendar unha lexislación e principios básicos “que se veñen amosando insuficientes para que quen ten discapacidades vexa diminuír as diferencias no cotián con quen nos as padece”.

Entre estas medidas, cómpre salientaras seguintes:

-Firme compromiso de cumprir “o nivel cero” en todos os pavimentos de nova construción, así como a revisión e posterior adaptación dos existentes.

-Aplicación rigorosa da actual Lei de Accesibilidade, que imposibilite a exclusión de ningunha veciña a establecementos públicos ou privados, con independencia do estado da súa discapacidade.

-Revisión de ramplas invasoras nas vías públicas.

-Revisión das baixantes de todas as beirarrúas e que sexan dotadas todas dun sentido de retorno.

-Sinalización das entradas de garaxes con cambios de pavimentos ou sinais fluorescentes para unha

maior autonomía das persoas con problemas visuais.

-Revisión dos pasos de peóns e estudo do pintado de sinalización con pictogramas nos pasos

próximos aos colexios para a integración das persoas autistas ou con discapacidade intelectual.

-Incorporación de semáforos acústicos.

-Incorporación de vehículos adaptados no transporte público.

-Favorecer o acceso ás praias, incorporando tamén mecanismos que fagan efectivo o goce do baño para as persoas con mobilidade reducida. Valorizar os areais do municipio como Destino Turístico de Integración.

-Revisión de parques infantís, incorporando mecanismos e xogos adaptados a todos os grupos infantís.

-Potenciar rutas de sendeirismo inclusivas e adaptar sempre que sexa posíbel as rutas xa existentes.

-Adquirir libros para as bibliotecas adaptados a todo tipo de lectores.

-Avanzar no superación do cumprimento, máis do legalmente establecido, das prazas de emprego

reservadas a estes colectivos.

-Inclusión nos orzamentos dun capítulo que explicite a cantidade e porcentaxe do investimento en

infraestruturas adicadas á diminución de barreiras á accesibilidade.

-Mención explícita no Informe de Intervención Anual da Conta Xeral do orzamento executado na

diminución das ditas barreiras.

Para Suma Ribeira, estas medidas “contribuirán a instaurar de forma progresiva o real principio de

igualdade dos servizos, para xerar unha maior autonomía persoal universal, minorando as dificultades comparativas que teñen que afrontar nestes momentos as persoas con disfuncionalidades”.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...