Presentadas 31 ofertas para as obras de mellora da rúa das Américas en Aguiño

26 Abril 2021

Rematado o prazo de presentación de ofertas para as obras da mellora da rúa das Américas en Aguiño, foron 31 as propostas finalmente achegadas. O proxecto, que vén con 200.000 euros de investimento, inclúe a renovación dos servizos e pavimentación na localidade de Aguiño, segundo informa o Concello. En concreto, substituiranse tanto as beirarrúas de baldosa hidráulica e do aglomerado asfáltico (que están en mal estado) como os servizos de auga potábel, saneamento e pluviais, “actualmente deficitarios”, explicou o Goberno local.

Con este obxectivo elaborouse un proxecto técnico que inclúe a instalación dunha tubaxe de polietileno de alta densidade con 90 milímetros de diámetro para a auga potable, previndo xa non só solucionar as carencias no subministro existente senón tamén o previsíbel aumento da demanda na zona. Efectuaranse as acometidas aos edificios alí emprazados.

Para o saneamento de fecais instalarase un colector de PVC de 315 milímetros de diámetro, con pozos de rexistro cada 40 metros e nas conexións cos colectores existentes.

No tocante ás pluviais colocarase un colector de PVC de 315 milímetros de diámetro que conducirá as augas ás redes situadas na rúa Francisco Lorenzo Mariño (cada 30 metros instalaranse sumidoiros sifónicos e cada 40 pozos de rexistro).

En canto aos pavimentos, demoleranse os actuais e tras o oportuno acondicionamento da zona se construirán beirarrúas de formigón continuo desactivado e se aplicará aglomerado asfáltico en quente ao firme da calzada.

O orzamento da intervención ascende a 182.934,89, IVE incluído, enmarcado no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de Concellos) POS+ 2020. O prazo de execución son seis meses.

Outros artigos

Devoción e música na homenaxe de Ribeira á súa patroa Santa Uxía

A veciñanza de Ribeira cumpriu este sábado coa tradición ao honrar á súa patroa, Santa Uxía, nunha xornada central marcada polos actos relixiosos e o acompañamento musical nas rúas da vila. O programa litúrxico iniciouse na igrexa parroquial cunha misa solemne cantada...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.