Os socialistas de Ribeira solicitan que se repare un peche metálico no Monte dos Castelos

14 Abril 2021

O PSOE de Ribeira, a través do seu concelleiro José Vilas, presentou ao pleno un rogo relacionado co estado no que se atopa a beirarrúa do Monte dos Castelos, en concreto o arame metálico de protección da mesma, á altura do punto quilométrico 2,500 da estrada DP-7306, preto do cambio de rasante.

En palabras dos socialistas, “esta estrutura de protección foi danada durante as operacións de roce que afectan á normal circulación pola beira lindeira, e, tras máis de dous meses dende o incidente, o aramio segue sen visos de reposicións, causando unha imaxe de abandono dos bens públicos”.

No rogo pídese ao Concello que dea conta ante o departamento de obras e servizos das eivas no peche metálico devandito, “para que proceda á reparación da infraestrutura”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.