O plan de uso e xestión do Parque Natural de Corrubedo centrou unha xuntanza de traballo no Concello de Ribeira

09 Abril 2021

Este 8 de abril o alcalde de Ribeira Manuel Ruiz mantivo unha xuntanza no salón de plenos do Consistorio de Ribeira cos representantes das comunidades de montes de Olveira, Artes e Carreira e da Asociación de Afectados polo Parque Natural de Corrubedo. O obxectivo foi escoitar as opinións e propostas das ditas entidades ante a apertura do prazo de exposición pública e presentación de alegacións ao Plan Reitor de Uso e Xestión (PRUX) do devandito Parque Natural Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán.

No transcurso do encontro, os convocados transmitiron as súas observacións respecto dalgúns aspectos tales como a conveniencia de adaptar as zonas o máis posíbel ao Plan Xeral de Ordenación Urbana e de concretar o nomenclátor relativo aos usos autorizábeis e usos tradicionais, así como a súa preocupación existente respecto aos límites impostos á circulación de persoas, cans ou vehículos como bicicletas en determinados camiños de acordo co PRUX. Tamén manifestaron a necesidade de incrementar as axudas específicas destinadas ao parque posto que o que está inicialmente previsto parece a priori insuficiente.

Un punto no que concordaron os presentes é que o estado de conservación de determinados elementos emblemáticos como a gran duna non parece mellor agora que en 1992, ano en que se constituíu o parque natural, o que evidencia a necesidade dunha profunda reflexión sobre os seus usos e prohibicións.

O Concello trasladou pola súa parte que está a estudar as alegacións que vai presentar.

Os presentes comprometéronse a manter unha nova reunión dentro de dúas semanas, antes do prazo en que remata a información pública do plan (22 de abril).

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...