No Son, posta a punto dos accesos de Basoñas e do parque infantil e saudábel

05 Abril 2021

Este punto de inflexión entre marzo e abril foi especialmente intenso en Porto do Son no que a obras, proxectos e traballos de acondicionamento de servizos e infraestruturas se refire. Sen dúbida o gran protagonista é o parque infantil e saudábel da parroquia de Basoñas, que o Concello vén de presentar no Facebook nos seus detalles e que destaca pola longa e variada listaxe de xogos e aparellos de exercicio que o compoñen, como tamén pola accesibilidade da que fai gala, acondicionado para o desfrute de persoas con mobilidade reducida.

Ademais do remate do parque en Basoñas, o Concello informou tamén dos traballos desenvolvidos no centro urbano para baldear, desinfectar e limpar os treitos comprendidos entre a rúa Entremurallas e a praza da Fonte de Porto do Son, traballos que se desenvolveron en colaboración co grupo local de Protección Civil.

Amais, o Goberno impulsou as tarefas para acondicionar os accesos á parroquia de Basoñas.

Por outra banda, os operarios do Concello desenvolveron un traballo de reparación e posta en punto nos accesos á Barcia e ao Prado do Monte, incluíndo a eliminación das fochas do pavimento.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.