
O Concello de Ribeira afronta o mes das Letras Galegas cunha nutrida programación destinada tanto a público infantil e familiar como o público xeral. En total van ser 27 os eventos que se van a organizar dentro do Maio Cultural a iniciativa das Concellerías de Cultura e Educación de Ribeira, contando coa colaboración nalgúns deles de ANPAs e centros educativos e diversas asociacións.
As edís de Cultura e Educación, María Sampedro e Juana Brión, deron a coñecer esta mañá o calendario de actividades, que principiará mañá día 1 de maio con dúas funcións infantís: unha ás 12 horas no Centro Cultural Lustres Rivas (“Contos para derreter cera”, de Alba Grande) e outra ás 19 horas no pavillón de Palmeira ‘Alcalde Torres Colomer’ (“O conto de Barriga Verde”, de Fran Brei).
Espectáculos teatrais, concertos, sesións de maxia, ruadas, exposicións, presentacións literarias ou accións formativas integran tamén unha iniciativa que prosegue coa intención de descentralizar a cultura achegándoa tamén ás distintas parroquias, tal e como declarou María Sampedro antes de pasar a desgranar a programación.
Pola súa parte, Juana Brión destacou a colaboración das ANPAS de Palmeira e o Número 1 e da celebración dunha obra teatral no IES Leliadoura co gallo do seu 25 aniversario.

PROGRAMA:
Data: 1 de maio, sábado
Contacontos: “Contos para derreter cera”, Alba Grande
Hora: 12.00 h
Lugar: Centro Cultural Lustres Rivas
Contacontos: “O conto de Barriga Verde”, Fran Rey
Hora: 19.00 h
Lugar: Polideportivo de Palmeira
Data: 5 de maio, mércores
Teatro: “Mai, Mai”, Baobab Teatro. Promove ANPA de Palmeira, colabora Concellería de Educación
Hora: 17.30 h
Lugar: Auditorio Municipal de Ribeira
Data: 8 de maio, sábado
Contacontos: “U-la lúa?”, A Xanela do Maxín
Hora: 12.00 h
Lugar: Centro Cultural Lustres Rivas
Contacontos: “Senlleiras. As mulleres das Letras Galegas”, Pedro Brandariz
Hora: 19.00 h
Lugar: Casa da Cultura de Olveira
Data: 10 de maio, luns
“O día que as mulleres gobernemos o mundo”. Verónica Rodríguez
Promove ANPA do IES Número 1, colabora Concellería de Educación
Hora: 12.30 he 17.30 h
Lugar: IES Número Un de Ribeira
Data: 14 de maio, venres
Maxia: “O mundo do mago de Pedro Bugarín”
Hora: 12.00 h
Lugar: Auditorio Municipal de Ribeira
Presentación literaria: A Biblia en galego (edición infantil). Promove ICE Renovación, colabora Concellería de Educación
Hora: 19.00 h
LUGAR: Praza do Concello
Data: 15 de maio, sábado
Contacontos: “Matías, un pitiño diferente”, María Canosa
Hora: 12.00 h
Lugar: Centro Cultural Lustres Rivas
Ruada: Grupo de baile e música tradicionalTahúme
Hora: 12.00 h
Maxia: “As Nosas Letras” Mago Teto 19.00 h
Hora: 19.00 h
Lugar: Auditorio Municipal
Data: 16 de maio, domingo
Ruada: Grupo Bailadela
Hora: 12.00 h
Concerto: “Cultura Activa”. Orquestra SONS. Asociación Sons do Mar
Hora: 18.00 h
Lugar: Aula de Música de Aguiño
“O gato simple”, TíteresCascanueces
Hora: 19.00 h
Lugar: Praza do Concello
Data: 17 de maio, luns
Día das Letras Galegas
Contacontos e obradoiros: “Arredor de Xela”, Raquel Queizás
Hora: 12.00 h
Lugar: Praza do Concello
Ruadas:
Grupo de gaitas O Rueiro
Hora: 12.00 h
Os Monifates
Hora: 13.00 h
Xornada das Letras Galegas. AFLM
Hora: 17.00 h
Aula de Música de Aguiño
Data: 21 de maio, venres
Teatro e ciencia: “Orbitamos”, Vicente Mohedano
Hora: 12.00 h
Lugar: Auditorio Municipal de Ribeira
Días 22 e 23 h.Festa da Alegría (pendente de presentar programa)
Data: 24 de maio, luns
Obradoiro: “Regueifas” de Lupe Blanco e Luis O Caruncho. Promove ANPA do IES Número 1, colabora Concellería de Educación
Hora: 12.00 h e 17.00 h
Lugar: IES Número 1 de Ribeira
Data: 29 de maio, sábado
Contacontos: “Novos lobos”, Inacio Vilariño.
Hora: 12.00 h
Lugar: Centro Cultural Lustres Rivas
Data: 31 de maio, luns
Teatro: “Pelos na lingua” de Talía Teatro.
25 aniversario do IES Leliadoura de Ribeira, Concellería de Educación
Hora: 12.00 h
Lugar: IES Leliadoura
“Camiños de Coñecemento e Experiencia”, IV Ciclo da USC
Do 3 ao 11 de maio
Centro Cultural Lustres Rivas
Semana Cultural Asociación Francisco Lorenzo Mariño
Do 28 ao 30 de maio
Aula de Música de Aguiño
Exposición: “Xela Arias. Letras Galegas 2021”
Do 1 ao 31 de miao
Lugar: Biblioteca Municipal de Ribeira
Exposición: “5 artista do Barbanza”
Ata o 29 de maio
Lugar: Centro Cultural Lustres Rivas