En Boiro acordo para enervar unha execución hipotecaria

28 Abril 2021


Segundo informa a Plataforma “Stop Desahucios” Barbanza, grazas á intervención da oficina da Valedora do Pobo, a entidade financeira ABANCA e unha familia de Boiro chegaron ao acordo de enervar ou anular a Execución Hipotecaria interposta, perante o xulgado número 2 de Ribeira, por parte da entidade financeira. Agora a familia comprometeuse a poñerse ao día das cotas pendentes, do préstamo hipotecario, nun prazo determinado. Así a familia poderá seguir residindo na vivenda habitual, sen temor algún a que se poida poxar a vivenda unifamiliar.

Por outra banda, unha familia de Ribeira foi beneficiaria da asistencia xurídica gratuíta para poder opoñerse a unha notificación de desafiuzamento por falta de pagamentos de alugueiro. A situación de vulnerabilidade da familia obrigaría á administración autonómica a ter que ofrecerlles unha alternativa habitacional, chegado o momento de ter que abandonar a vivenda arrendada.

Outros artigos

Rematan as obras da Escola de Deportes Náuticos de Aguiño

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, e a concelleira de Obras, Herminia Pouso, visitaron hoxe a Escola de Deportes Náuticos de Aguiño para comprobar o resultado dunha actuación que supuxo un investimento de 1.179.750 euros, IVE incluído, para fornecer ao municipio...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.