Convenio entre Ribeira e COAG para simplificar a tramitación de licencias e outros actos urbanísticos

10 Abril 2021

Máis simplicidade burocrática, menos custes e menos papel é o que vai supoñer o convenio validado pola xunta de goberno local para acadar a interoperatibilidade entre o procedemento de tramitación de traballos profesionais do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) e o procedemento de tramitación de licencias e outras autorización urbanísticas do Concello de Ribeira.

Representando a ambas entidades compareceron, por un lado, Ángel Cid como representante da delegacion de Santiago da COAG e o alcalde Manuel Ruiz e máis a concelleira de Transparencia e Innovación Tecnolóxica, Ana Barreiro, polo Concello.

En virtude do convenio, que ten unha duración inicial de catro anos, tanto as persoas físicas como xurídicas xa non terán que incorporar nas peticións de licencias no rexistro do Concello outras autorización que estiveran tramitadas polo COAG, o que lles vai supor una minoración nos custes económicos e cargas administrativas, ademáis de reducir a carga de traballo do rexistro presencial.

Este mecanismo telemático, que nun primeiro momento terá unas sesións de proba, permitirá ao Concello de Ribeira, coa conformidade do solicitante da licenza urbanística ou tramitación urbanística, así como da persoa técnica redactora do traballo profesional, obter en formato electrónico unha copia da documentación técnica e administrativa tramitada no Colexio de Arquitectos. Así, eximirase aos solicitantes da licenza urbanística ou tramitación urbanística da obriga de achegar dita documentación en papel ou dixital no seu Rexistro xeral ou Sede electrónica do Concello de Ribeira.

Desta forma, reduciranse os tempos de tramitación dos expedientes electrónicos e as incidencias á hora de achegar os proxectos a través da Sede Electrónica do Concello. Á vista dos expedientes administrativos tramitados polo departamento de Urbanismo do Concello de Ribeira de Licencias e Comunicacións previas, alomenos un 20% dos expedientes poderán verse beneficiados por estamellora.

Trátase dun convenio que está implantado xa en varios concellos como Pontevedra, Lugo, Vigo ou Rianxo, entre outros.

O alcalde de Ribeira subliñou que con iniciativas coma esta o como outros plans que se están a preparar en materia de e-administración van poñer Ribeira na cabeceira dos concellos máis aperturistas na materia, ademais de axilizar os procesos no departamento urbanístico.

Outros artigos

Un ferido leve nun choque no concello de Ribeira

Os bombeiros do parque provincial de Ribeira acudiron ao aviso dun choque entre un vehículo e unha cabeza tractora. Unha das persoas implicadas resultou ferida leve e trasladada ao hospital. Completou o servizo a Policía Local. 

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Loitar polos dereitos” – José Manuel Pena

“Loitar polos dereitos” – José Manuel Pena

A cidadanía cada vez é máis consciente de que os dereitos pódense perder se non se loita por eles. Así o poñen de manifesto cada día, moitos veciños, con anterioridade xa o fixeron na parroquia de Corrubedo, logo na parroquia de Palmeira e agora nas parroquias veciñas...

“Hoy 13 febrero doble felicitación” – Manuel Domínguez

“Hoy 13 febrero doble felicitación” – Manuel Domínguez

O autor do artigo (á dereita) e Xosé María Fernández Pazos Por qué se celebra el 13 de febrero La elección de esta fecha conmemora el aniversario de la creación de la Radio de las Naciones Unidas en 1946, una emisora diseñada para difundir información sobre paz,...