ButacaZero leva esta semana a traxicomedia 32m2 a Boiro e Vilagarcía

12 Abril 2021

ButacaZero, a plataforma creativa dirixida pola rianxeira Esther F. Carrodeguas e Xavier Castiñeira, propón, a través dunha peza de 32m2, unha viaxe cara ao encerro da pasada primavera. Con música de Rodrigo Cuevas, o espectáculo representarase na Casa da Cultura de Boiro o venres 16 e o sábado 17 no auditorio municipal de Vilagarcía.

Para máis información, pódese consultar a páxina web dos concellos ou chamar aos teléfonos 620 113 155 e 675 404 321.

A obra da escritora e actriz rianxeira Esther F. Carrodeguas e Xavier Castiñeira propón unha viaxe cara un pasado recente, co obxectivo de “provocar unha catarse colectiva ante un acontecemento que marcou, e marcará, a vida da sociedade”.

Na obra aparecen Laura Villaverde e Xurxo Cortázar como protagonistas. De feito, o argumento da peza xira en torno a unha parella que reside nun pequeno piso dunha superficie de 32 metros cadrados. Así, por medio de elementos cómicos e tráxicos, 32m2 visualiza a habitual convivencia coa precariedade e as desigualdades nun momento clave para todos.

Os directores da obra, Esther Carrodeguas e Xavier Castiñeira, sinalaron recentemente que “a peza é un enredo co que todo o público se poderá sentir identificado, pois todos mercamos un chisco máis de papel hixiénico do habitual e todas tivemos que acabar por levantar as nosas propias alfombras para descubrir a merda que tiñamos debaixo dos propios pés”.

32m2 é unha peza que pretende curar feridas, despedirse das persoas que marcharon e homenaxear a aquelas que deron o mellor de si para frear a pandemia. Así, Xavier apunta que “para afrontalo temos que pechar etapas. E, sen lugar a dúbida, as mellores chaves son a risa e o pranto”.

Outros artigos

As festas de Santa Cruz de Lesón celebraranse do 11 ao 15 de setembro

A parroquia de Santa Cruz de Lesón (A Pobra) celebrará do 11 ao 15 de setembro as festas na honra do Santísimo, cun programa que reúne música, actividades para o público infantil, gastronomía e os tradicionais actos relixiosos. O venres 11 dará comezo a programación...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.