A Xunta axuda á recuperación dun monte veciñal de Rianxo cedendo 5.000 plantas de piñeiro

22 Abril 2021

A Consellería do Medio Rural vén de aprobara iniciativa de recuperación forestal promovida por Amicos, logo da actividade que tivo lugar en terreos propiedade da comunidade de montes veciñais en man común de Leiro (Rianxo) que xestiona a Xunta.
Así, a Consellería cedeulle a Amicos un total de 5.000 plantas de piñeiro de alta calidade co fin de repoboar con elas unha superficie de 5 hectáreas do monte veciñal pertencente a Rianxo. Por unha parte Amicos executará a plantación destas árbores e realizará as labores e tratamentos silvícolas necesarias. Deste xeito, a asociación quedarase cos dereitos de absorción de CO² que xere o monte para compensar as emisións dos seus vehículos de transporte adaptado.
A directora xeral de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, puxo en valor o interese desta iniciativa no marco “dunha recuperación rural, por unha razón medioambiental e por outra de carácter social”. A actividade tamén favorece ao medio ambiente, xa que se repoboa un terreo forestal e se potencia a súa riqueza natural, e á de tipo social,
porque se procura “involucrar e integrar no medio rural a todos os que, en maior ou menor medida, teñen contacto con el”.
Inés Santé aproveitou tamén para trasladar as sinerxías desta actuación co proxecto cortalumes, xa que parte dos terreos sobre os que se vai actuar coincide cos labores previstos pola Xunta para crear descontinuidades en terreos de varias comunidades de montes.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...