A contorna da igrexa de Miñortos recupera o seu esplendor

16 Abril 2021

O Concello de Porto Son vén de compartir novas imaxes sobre o resultado dos traballos levados a cabo para humanizar, acondicionar e pór en valor a igrexa de San Martiño de Miñortos e a súa contorna, un espazo monumental de gran importancia histórica, artística e cultural. Entre outras accións, substituíse o firme existente de asfalto por materiais de pedro tradicionais, moito máis acordes cos elementos circundantes. Como lembraremos, nesta contorna conflúen o templo, o cruceiro e máis a casa reitoral.

Estes traballos en Miñortos abéiranse ao plan do Concello para recuperar e pór en valor as contornas históricas dos seus máis de cen núcleos rurais tradicionais, que ao longo dos pasados anos, segundo informou o Goberno local, foron obxecto de “obras bastante desafortunadas” que afectaron negativamente ao seu valor estético e histórico.

Amais dos ditos traballos levados a cabo en Miñortos, o Concello tamén informou dos labores desenvolvidos na parroquia de Xuño para mellorar os seus accesos.

Outros artigos

O 20 de xuño celébrase a II Andaina Nocturna de Nebra

Volve a Andaina Nocturna de Nebra, logo de éxito de participación do ano pasado, e faino cunha segunda edición programada para o sábado 20 de xuño a partir das 22.00 horas (recepción) na Casa Veciñal de Nebra (campo da festa) e cun prezo de oito euros de inscrición....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...