A Cámara galega reclama unha baixada ao 4% do IVE dos produtos pesqueiros

20 Abril 2021


O Parlamento galego pide á Comisión Europea medidas de protección do marraxo que non supoñan un prexuízo económico á frota.

O Parlamento galego demandou por unanimidade, instar á Xunta a que se dirixa ao Goberno central para reclamar unha baixada do IVE ao superreducido do 4% –actualmente está no 10%– dos produtos pesqueiros.

Esta proposta do BNG na comisión de Pesca, apoiada polo resto dos grupos, apunta a que os peixes e mariscos son un produtos de primeira necesidade e o seu consumo é fundamental para manter a saúde da cidadanía.

María do Carme González Iglesias (BNG) lamentou que esta medida foi trasladada por diferentes entidades ao Goberno, pero non foi tida en conta. Así, remarca que é “necesario actuar” #ante a tendencia á baixa de vendas de peixes desde 2008, que se agravou coa pandemia.

Subliña que diferentes países da UE baixaron este imposto, entre os que destaca o recente anuncio en Alemaña de reducir ao 5% o IVE para produtos pesqueiros.

Igualmente, expuxo que os 500 millóns que Facenda deixaría de ingresar por esta baixada, veríanse compensados pola redución do gasto para o tratamento de enfermidades por mala alimentación.

Nesta comisión tamén saíu adiante un acordo por unanimidade, a proposta do PPdeG, polo que se pide á Comisión Europea medidas de protección do marraxo que non supoñan un quebranto económico para a frota.

No debate, o deputado popular Alberto Pazos lembrou a aprobación hai unhas semanas dunha proposición non de lei no Parlamento dunha iniciativa que demandaba unha solución urxente ao bloqueo á venda de capturas de marraxo.

“Desgraciadamente, o Goberno de España non fixo nada desde entón por liquidar os problemas que as súas decisións están a causar na frota palangreira galega, porque o bloqueo da venda de 90 toneladas de marraxo dentudo é unha decisión exclusiva do Goberno de Pedro Sánchez, a pesar de tratarse de capturas autorizadas polo Ministerio e cumprir o TAC autorizado internacionalmente”, apunta.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...