27 ofertas para dotar de beirarrúas a un tramo na Amexida

07 Abril 2021

O Concello de Ribeira informa de que rematada a presentación de ofertas foron 27 as ofertas presentadas para acometer a actuación consistente na construción de beirarrúas e instalación de pluviais na estrada DP- 7307 ao seu paso polo lugar da Ameixida.
Concretamente, as obras focalizaranse na marxe esquerda da devandita estrada, que ao carecer de beirarrúas, isto conleva un risco para a seguridade dos peóns que circulan por esta zona.
Pluviais
Neste senso e de acordo co proxecto técnico elaborado, dotarase á marxe esquerda de 400 metros de beirarrúas de formigón desactivado, ademais dunha rede de pluviais a través da instalación dunha tubaxe de PVC corrugado de 315 milímetros de diario máis 12 pozos de rexistro e 12 arquetas sumidoiro.
O orzamento da actuación ascende a 70.491 euros, IVE incluído: un investimento enmarcado na Segunda e derradeira fase do Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de Concellos) POS+ adicional 1/2019. O prazo de execución é dun mes e medio.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la furia al talento” – José Castro López

“De la furia al talento” – José Castro López

El próximo fin de semana vuelve la Liga y es un buen momento para recordar el triunfo de La Roja en el Mundial y desear que el fútbol español conserve los valores que hicieron posible aquella gesta. En los Juegos Olímpicos de Amberes de 1920, España se enfrentaba a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.