Volve abrir a área de autocaravanas de Praia Xardín

12 Marzo 2021

O Concello de Boiro volve abrir esta fin de semana a área de autocaravanas de Praia Xardín, que ficaba pechada a consecuencia da situación sanitaria. O servizo retoma a súa actividade dende este venres 12 de marzo e manterase operativo dependendo de como evolucione a situación sanitaria, garantindo, ao mesmo tempo, que se cumpran as medidas de seguridade.

Os operarios municipais acondicionaron esta semana o espazo para que esta fin de semana volva estar dispoñíbel. Os traballadores realizaron arranxos e melloras no sistema de control de acceso, rozaron a contorna e puxeron a punto os separados das prazas de vehículos para que “todo estivera listo para a reapertura desta fin de semana”.

Outros artigos

A Boliña (Boiro) celebra este sábado o seu magosto

O Campo de Revelar (A Boliña, Boiro) vai acoller este 7 de novembro a celebración do magosto popular da Boliña. Será unha cita participativa para veciños e visitantes que dará comezo ás 18.00 horas do sábado. Haberá celebracións gastronómicas con castañas e viño e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

Hai bos xuíces, profesionais e valentes que cumpren coas súas obrigas. Un deles, sen dúbida, é Borja Pérez, titular do Xulgado Número 2 de Ribeira. Dita un auto xudicial polo cal suspende o lanzamento dunha familia vulnerable de Ribeira, en aplicación do novo RDL...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.