SumaRibeira solicita que se fagan públicos os nomes das empresas beneficiadas polas axudas PEL-Reactiva

03 Marzo 2021

A agrupación SumaRibeira vén de emitir un comunicado a respecto da concesión das axudas para a reactivación económico-social do concello abeiradas ao programa PEL-Reactiva da Deputación e os Concellos. Segundo sinala a plataforma que coordina Xurxo Ferrón, na publicación das axudas só figura un número de referencia para cada contribución concedida, o que dificulta e impide o coñecemento público real das achegas de cartos públicos dispensadas ás empresas beneficiadas do plan.

“En SumaRibeira consideran que “a coherencia cunha praxe política transparente fai necesario que a publicación destas axudas facilite a información das cantidades outorgadas a cada unha das firmas”, explica a agrupación no seu comunicado.

SumaRibeira tamén opina que a lexislación relacionada coa Protección de Datos (o argumento que se emprega para que as administracións non publique os nomes das beneficiarias) “non resulta un argumento convincente”, polo que “procedemos a preguntar se a lexislación impedía a publicación de acordo coa nosa demanda”. A agrupación di que foi informada de que a transparencia con respecto á identidade das firmas destinatarias das axudas “axústase efectivamente á legalidade”.

Polo exposto SumaRibeira dirixiuse ao alcalde e equipo de Goberno de Ribeira para que sexan tomadas as medidas oportunas “para proceder á publicación identificábel, coas correspondentes achegas económicas, das beneficiadas e beneficiados polas axudas PE-Reactiva”.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...