Ribeira homenaxeou por vídeo-conferencia ás mulleres médicas

08 Marzo 2021

O Concello de Ribeira celebrou cunha homenaxe ás médicas o Dia Internacional da Muller: as profesionais da medicina orixinarias do termo municipal e, tamén, as que exercen no concello a súa actividade profesional. A diferenza das edicións pasadas desta celebración, tratouse dun acto de carácter telemático no que as homenaxeadas estiveron conectadas por vídeo-conferencia. Na sesión online interviñeron tamén o alcalde Manuel Ruiz e a concelleira de Igualdade, Ana Ruiz, na compaña da tenente de alcalde María Sampedro e das tamén edís Elvira Pereira, Ana Barreiro e Juana Brión, entre outras persoas.

O evento contou coas intervencións de tres prestixiosas profesionais: a epidemióloga especializada en xénero María Teresa Ruiz Cantero e máis a xenetista Manuela Gago Domínguez e a oftalmóloga Dora Fernández Agrafojo, estas últimas orixinarias de Palmeira e de Ribeira.

Antes de proceder a unha simbólica entrega de diplomas conmemorativas ás médicas conectadas, Manuel Ruiz subliñou a necesidade de celebrar actos como este para visualizar “moitos dos atrancos que non somos capaces de ver moitas veces e que sen embargo están aí”, afirmando que “non hai mellor cambio que os que nos pode dar a educación”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

Dí o PP que Pedro Sánchez "non quere un Rei preto do pobo; o PP, sí". Segundo fontes do partido, o PP vai exercer presión parlamentaria no Congreso para esixir explicacións ao Goberno e a visita do presidente de Ceuta ao palacio de Marivent , residencia vacacional dos...

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

Que estará pasando para que ninguén, nin os máis listos, saiban nada do que pasa. Un deputadogalego, despois dunha crise política que se cargou a parte do goberno autonómico, dixo coa man nopeito, do lado do corazón, aquí, “pasou o que pasou”. Todos o entenderon....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.