O PBBI solicita mellorar a contorna da Pedra das Cabras e impedir que se converta nun vertedoiro

22 Marzo 2021

O Partido Barbanza Independiente (PBBI) presentou unha moción para o pleno de Ribeira relativa ao estado no que se atopa a contorna da Pedra das Cabras. En palabras da agrupación, “malia que o concello conta con varios lugares e espazos naturais de gran beleza, como o paseo do río Artes-Sanchanás, o paseo da beira do mar en Ameixida ou algún novo que se verá a luz en datas vindeiras, hai un lugar que adoece pese a ser un dos que máis historia atesoura do termo municipal: a Pedra das Cabras e os seus arredores”.

Esta contorna, sinala o PBBI, é un lugar que “nos transporta a hai máis de 4.000 anos, sendo co Dolmen de Axeitos un elemento de indubidable importancia histórica, ao que se engade o feito de estar situado nun espazo natural de gran beleza”. Malia isto, explican, “este lugar estase a converter nun vertedoiro sen control e nun sitio de certo perigo, onde moitas persoas consumen substanciais ilegais impedindo que a cidadanía de a pé poida desfrutar do entorno”. A isto, engaden os membros do PBBI, “súmase a falta de sinalización, pois a que existe atópase en pésimas condicións e na contorna máis próxima á propia pedra non se atopa ningunha lenda nin explicación do monumento”.

Estas son as propostas do partido para emendar o estado no que se atopa a Pedra das Cabras:

· É precisa unha sinalización correcta do entorno, así como sería ideal que preto da propia pedra

se puxera algún cartel de información cunha explicación do entorno e do petróglifo.

· Seria ideal a colocación de papeleiras ou cubos de lixo de pequeno tamaño para que os visitantes depositen ali as sus verteduras. Tamén sería axeitado, sinala o PBBI, que se valore impedir o paso de vehículos até o final da zona, “habilitando una zona de estacionamento” así como “unha ruta sendeirista para pasear, ademais de sinais disuasorios e maior vixilancia policial”.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...