O Náutico Portosín organiza en xuño o Campionato de España Master da Clase Internacional Laser

30 Marzo 2021

O Campionato de España Master da Clase Internacional Laser (ILCA) desenvolverase en augas da ría de Muros e Noia do 3 ao 6 de xuño. O Real Club Náutico de Portosín será o organizador do programa, que traerá a Galicia a moitos apaixonados do deporte, e tamén a campións e campioas das diversas disciplinas regatistas, así como aos gañadores dos anteriores xogos olímpicos.

A cita, incluída no Calendario Nacional da Real Federación Española de Vela, vén co seguinte esquema de programación: unha xornada de medición (03 de xuño), máis tres xornadas competitivas (04,05 e 06 de xuño) a razón de tres probas puntuábeis por día, serán as necesarias para saber como quedará a repartición de metais e, por tanto, os novos campións e campioas de España ILCA Master nas súas dúas categorías de ILCA 6 e ILCA 7.

As categorías

A repartición de premios será segundo os establecido polos organismos oficiais tanto a RFEV como a Clase ILCA nos seus regulamentos internos, sendo un evento de categoría Master reservado ás franxas de idade de 35 a 65 anos nas súas denominacións Aprendiz Master, Master e Grand Master tanto en Masculino como en feminino

Representación galega

Contarase con máis dunha vintena de embarcacións sendo o anfitrión, o Real Club Náutico Portosín, o que poña en xogo unha mellor representación, destacando Javier Isidro, terceiro clasificado no Europeo Master 2019, Miguel Reboreda gañador do Ranking Autonómico 2019 ou Alfredo Mella, o representante local na edición do 2020.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.