“O goberno español debe rectificar”. Antón Luaces

05 Marzo 2021

A Comisión Europea dá a razón á frota palangreira galega e propón permitir a venda de marraxo dientuso ante o veto do Ministerio para a Transición Ecolóxica a comercializar os 90.000 quilos dese escualo capturados legalmente pola frota durante o pasado ano 2020.
Unha pregunta parlamentaria presentada polo eurodeputado popular Francisco Millán Mon obtivo como resposta do Executivo comunitario que unha prohibición de venda e retención total conleva un quebranto económico para a frota e non ten demostrados beneficios ambientais.
Deste xeito a CE dá a razón á frota palangreira galega que, destacou Millán Mon, “leva meses denunciando o sinsentido de que o Goberno permitise capturar marraxo dientuso, pero que agora impida vendelo”.
O comisario de Medio Ambiente, Océanos e Pesca, Virginijus Sinkevicius, sinalou que “a prohibición de retención total non contribuiría substancialmente á conservación desta especie, e ademais sería contraria á política pesqueira da Unión e prexudicaría a todas as frotas implicadas”, máis dun centenar e medio de barcos de palangre de superficie, na súa inmensa maioría pertencentes a armadores galegos e con base en Galicia.
A Comisión engade que, en consecuencia, a Unión Europea é partidaria de permitir “en determinadas circunstancias, a retención e a venda de marraxo dientuso capturado morto”, o que para o eurodeputado español, Millán Mon, constitúe “unha desautorización da errática política do ministro Luís Polanas e da ministra Teresa Ribeira respecto da pesca e venda do marraxo”, especie que segundo o testemuño de pescadores galegos en augas comunitarias non ten ningún problema de supervivencia e que se asocia facilmente ás capturas de peixe espada.
O eurodeputado galego ha instado aos ministerios de Pesca e de Transición Ecolóxica a traballar conxuntamente coa Comisión Europea para conciliar a protección do marraxo coa sustentabilidade socieconómica da frota palangreira de Galicia.
O marraxo dientuso ten unha gran importancia para a frota palangreira galega, xa que supón o 10% das capturas anuais dos case 160 barcos que desembarcan unhas 3.000 toneladas ao ano, por un valor de ao redor de 10 millóns de euros (os exemplares retidos, 90 toneladas, lanzan un valor dun millón de euros).
De “duro golpe para o sector, que se enfronta a máis burocracia, unha retardación das operacións e maiores custos” cualificou o PP a decisión do Consello de incluír o marraxo no apéndice II da Convención sobre o Comercio Internacional de Especies Ameazadas de Fauna e Flora Silvestres (CITES).
En outubro de 2020, o Parlamento de Galicia deu a súa aprobación a unha iniciativa que reclamaba , tanto ao Goberno central como á Comisión Europea, que as medidas de protección ao marraxo dientuso “non leven á quebra económica” á frota palangreira galega.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.