O alumnado de O Pote II, en Ribeira, achega almorzos solidarios a 15 persoas en risco

02 Marzo 2021

O obradoiro de cociña O Pote II, impulsado polo Concello de Ribeira para achegar á mocidade formación gastronómica e hostaleira con vistas a fortalecer a súa empregabilidade e os seus posíbeis proxectos de emprendemento, deu esta semana un novo e importante paso en materia de solidariedade. En concreto, as e os quince participantes do obradoiro están a levar os almorzos que elaboran na Escola Solidaria de Hostalería a quince persoas en situación de vulnerabilidade social.

O Concello explica que con esta acción dáse continuidade á iniciativa posta en marcha na primeira edición de O Pote e que o Departamento de Servizos Sociais (no marco do seu Programa Comunitario de Inclusión Social) é quen costea o transporte dos menús solidarios, dispoñendo de voluntariado das entidades Buenas Noticias e de ICE Renovación para o seu reparto entre os usuarios.

Outras actuacións que se porán en marcha ao longo do curso de O Pote II serán a elaboración de almorzos saudábeis, a celebración de eventos gastronómicos en actos tales como clausuras, recepcións ou exaltación de produtos do mar; xornadas de showcooking ou menús degustación.

Cómpre lembrar que o programa de emprego O Pote II comezou o 15 de novembro de 2020 e prolongarase ata o vindeiro 15 de novembro. É un programa mixto de emprego e formación dirixido a mellorar a empregabilidade, a cualificación e a inserción profesional de mozos e mozas incluídos no arquivo do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil e está co-financiado polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil, nun 91,89% con cargo ó Programa Operativo de Emprego Xuvenil, sendo o financiamento restante con cargo á Xunta de Galicia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.