O adro da igrexa de Santa Uxía acollerá unha exposición sobre a Semana Santa ribeirense a cargo de Lesmes Fotógrafos

23 Marzo 2021

O Concello de Ribeira vai exhibir a partir deste 25 de marzo unha exposición ao aire libre dedicada á Semana Santa en clave local: o seu título Fe, Arte, Contemplación. A mostra, que estará situada no adro da igrexa de Santa Uxía, inclúe unha selección de vinte obras de gran formato tomadas por Lesmes Fotógrafos e dispostas en cinco estruturas modulares con dimensións de dous metros por dous metros. A maior parte delas son en branco e negro e están acompañadas de textos alusivos.

As instantáneas, capturadas en 2019, buscan transmitir “a esencia da Semana Santa na cidade ribeirense a través de imaxes dos distintos fitos que compoñen esta celebración, fitos entre os que se atopan o Domingo de Ramos, o Desencravo ou a procesión do Paso, entre outros”, informaron fontes do Concello.

A inauguración está prevista para o xoves 25 ás 13 horas e estará presidida polo alcalde Manuel Ruiz.

A actividade está promovida pola Concellería de Cultura e conta coa colaboración da parroquia de Santa Uxía.

Outros artigos

Aguiño segue en loita para cubrir as baixas na atención sanitaria 

A contorna do Centro de Saúde de Aguiño volveu ser escenario este venres dunha nova mobilización convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública e pola veciñanza de Aguiño para reclamar "unha atención sanitaria digna e a cobertura de todo o persoal necesario...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

Parece ser que la merluza está en peligro, ¿enferma? Pues no sé solo que la noticia dice que la merluza está enferma y se está buscando beneficios para recuperar su salud. Intentaran cambiar la temperatura del agua, tal vez tanto calor le afecte, como antaño la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.