Mais de 400 veciños da comarca vacinaranse este sábado

13 Marzo 2021

O hospital de Barbanza únese ao plan de vacinación de Sanidade que chegará o sábado a 400 veciños menores de 55 anos. Tal como informamos en O Barbanza, a campaña enmárcase na proba piloto de vacinación masiva que empeza este xoves na Cidade da Cultura.
O sábado continuará con esta campaña, que se estende a toda Galicia e na que se poderán unhas 20.000 doses de AstraZeneca que foron recibidas o pasado martes.

Nesta segunda fase levarase a cabo a vacinación nos distintos hospitais das áreas sanitarias, incluído o de Barbanza, onde se inmunizará a 400 veciños menores de 55 anos.

Como xa ocorreu con outros grupos de idade e colectivos empezará nos veciños que teñan apelido pola letra H e logo continuarase co resto por orde alfabética.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Falta de oportunidades e marxinación” – José Manuel Pena

“Falta de oportunidades e marxinación” – José Manuel Pena

Hai xente moi miserable. Chamando ratas, animando á caza e á pesca de migrantes por parte de responsables públicos é un evidente delito de odio e unha carencia de ética e moralidade da máis elemental. Os cidadáns normais non podemos unir o noso silencio ante tantas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.