Licitado o pavimentado dun camiño en Sego, Artes

24 Marzo 2021

O Concello de Ribeira licitou os traballos para pavimentar un camiño no lugar de Sego, na parroquia de Artes. A vía en cuestión está cuberta na actualidade con aglomerado asfáltico en rexistra un estado bastante deteriorado, con fochas e disgregacións.

O Concello explica que “para afianzar a seguridade viaria elaborouse un proxecto que prevé a extensión dunha capa de aglomerado asfáltico en quente de seis centímetros de espesor, previo acondicionamento da superficie e a dotación dunha base de saburra artificial”.

Ademais, serán pavimentados os sobreanchos.

A obra ten un importe de licitación de 30.719, IVE incluído. O investimento forma parte do Plan Complementario ao Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de Concellos) POS+ 2019.

As empresas interesadas dispoñen de ata o 5 de abril á medianoite para presentar as súas ofertas. Débeno facer a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (SILEX).

Outros artigos

Aguiño segue en loita para cubrir as baixas na atención sanitaria 

A contorna do Centro de Saúde de Aguiño volveu ser escenario este venres dunha nova mobilización convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública e pola veciñanza de Aguiño para reclamar "unha atención sanitaria digna e a cobertura de todo o persoal necesario...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

Parece ser que la merluza está en peligro, ¿enferma? Pues no sé solo que la noticia dice que la merluza está enferma y se está buscando beneficios para recuperar su salud. Intentaran cambiar la temperatura del agua, tal vez tanto calor le afecte, como antaño la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.