Licitada a renovación do abastecemento na estrada de acceso a Carreira

23 Marzo 2021

O Concello de Ribeira licitou o proxecto para renovar a liña de abastecemento na estrada DP-7305, no treito da parroquia de Carreira situado entre a rotonda do Vilar e a rúa Cabaceira.

Con esta obra preténdese “dar solución á escaseza de presión e ás roturas que con certa frecuencia se producen na rede desta zona, formada por unha tubaxe de 200 milímetros de diámetro feita en fibrocemento”, explicou o Concello.

Un quilómetro de tubaxes

A tal efecto, o conduto será substituído por dúas novas liñas de PVC de 200 milímetros de diámetro, cada unha das cales conta con 510 metros de lonxitude. Ademais, serán renovadas as 11 acometidas domiciliarias.

O orzamento de licitación ascende a 133.614 euros, IVE incluído, estando o investimento enmarcado no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de Concellos) POS+ 2020. O prazo de execución son tres meses.

As empresas interesadas dispoñen ata o 5 de abril para presentar as súas ofertas. Débeno facer a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (SILEX).

Outros artigos

Devoción e música na homenaxe de Ribeira á súa patroa Santa Uxía

A veciñanza de Ribeira cumpriu este sábado coa tradición ao honrar á súa patroa, Santa Uxía, nunha xornada central marcada polos actos relixiosos e o acompañamento musical nas rúas da vila. O programa litúrxico iniciouse na igrexa parroquial cunha misa solemne cantada...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.