Importantes estragos na recentemente acondicionada senda de Xei, en Noia

31 Marzo 2021

A senda de interese medioambiental e turístico que leva á aldea abandonada de Xei (Noia), recentemente mellorada e acondicionada polo Concello, foi obxecto esta fin de semana duns actos vandálicos que se cebaron principalmente nos postos de sinalización, moitos dos cales foron directamente arrincados.

O Concello condenou uns feitos “que non deben ter cabida no noso municipio” e convidou á veciñanza a colaborar coas autoridades para “poñer fin a estes comportamentos incívicos que non fan outra cousa que estragar o que é para desfrute de toda a cidadanía”.

Segundo confirmaron os traballadores do Concello foron recollidos unha ducia de postes de sinalización arrincados dos seus emprazamentos orixinarios, “e había máis que non puideron ser recuperados aínda polas dificultades de sacalos do río, coa súa base de cemento e situados en zonas de certa profundidade”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

O Goberno Vasco vén de mercar ao fondo de investimento Blackstone unhas 510 vivendas con destino a alugueiros sociais para familias vulnerables. Estas noticias son as que realmente contribúen ao cumprimento do Dereito á Vivenda, recollido no artigo 47 da Constitución...

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

O Sur de Europa, todo está no Sur: España foi a primeira, Francia a segunda e Italia a terceira. E todo parte dunhas protestas cidadáns que se xustifican nos baixos salarios laborais, nos altos/altísimos prezos do alugueiros das vivendas e a inseguridade ou...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.