Esta finde celébrase en Ribeira a novena edición da Feira de Oportunidades do Pequeno Comercio

05 Marzo 2021
Presentación da novena edición da feira no local da Asociación de Empresarios de Ribeira

Este ano non haberá un gran salón como anos anteriores, pero a Asociación de Empresarios de Ribeira realizará unha exposición automobilística e diversas actividades na novena edición da Feira de Oportunidades e Pequeno Comercio, co fin de impulsar a actividade comercial tras a crise da COVID–19.

Así, expoñeranse media ducia de vehículos, de distintas marcas, para difundir as novidades automobilísticas e promover os concesionarios que hai no municipio. Por outro lado, terá lugar o mercado tradicional de inverno, no que participarán 8 establecementos comerciais, de roupa, de calzado, de deportes e complementos.

Nesta ocasión, a 9º Edición da Feira de Oportunidades do Pequeno Comercio farase na praza do Concello e estará aberta dende hoxe ata as 20:00 da tarde do domingo.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...