En Ribeira, proposta de adxudicación do Auditorio por 3,9 millóns e un prazo de execución de 15 meses

25 Marzo 2021

O Concello de Ribeira informou de que entre os puntos a debater do pleno deste luns figura a adxudicación da execución do proxecto do novo Auditorio Municipal de Ribeira e o seu entorno, unha actuación que, conforme á proposta da mesa de contratación, ten como oferta clasificada en primeiro lugar (de entre as seis presentadas) a efectuada pola UTE formada por Xestión Ambiental de Contratas, S.L., e Prace Servicios y Obras, S.A. O Concello engade que de acordo coa proposta, o prezo total do contrato ascende a 3.977.964,69 euros, IVE incluído, nun prazo de execución de quince meses.

A intervención enmárcase na EDUSI Máis Ribeira Atlántica, co-financiada polo fondo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) dentro do Programa Operativo Plurirrexional de España (POPE) 2014-2020. Adscríbese ao obxectivo temático 9 do POCS 2014-2020 Promover a igualdade, a saúde e a inclusión social e execútase na liña de actuación 16 da EDUSI.

O Goberno local recorda que baixo o título Choiva, pedra e cristal, o proxecto que se vai executar foi redactado polos arquitectos Antonio Pons Cañellas, Anna Gorrochategui Matas e Bernat Pons Vidal, gañadores co concurso de ideas lanzado ao efecto. “O novo Auditorio deseñouse co fin de ser un centro xerador de actividade propia de Ribeira, e cunhas dimensións que o sitúan dentro dos Auditorios de gran formato de Galicia”, engade o Concello.

Catro ámbitos de actuación

Respecto das características principais, o Executivo ribeirense fai saber que o proxecto de Auditorio ofrece 4 ámbitos de actuación escénica: a Sala Principal, a Sala Polivalente, a Aula de Ensaios e o Vestíbulo. Está composto de dous andares sobre rasante, un andar semisoto e un soto. A composición en planta nace da condición de edificio público, xerando espazos de relación xenerosos e á vez polivalentes. O edificio preséntase como dous grandes volumes que se relacionan a través dun gran baleiro, o vestíbulo. O proxecto optimizou ao máximo a distribución para reducir no posíbel os espazos residuais. Os elementos de comunicación vertical sitúanse estratexicamente de maneira que o vestíbulo principal serve de distribuidor para os tres volumes: Sala Principal, Sala Polivalente e Sala de ensaios. O soportal da entrada dimensionouse de maneira que sirva como prolongación do edificio ao espazo exterior:

a) Vestíbulo: O vestíbulo concíbese como un espazo bifuncional; de transición e de repouso. A súa organización interna sinxela facilita a comprensión dos accesos á Sala Principal do Auditorio, a Sala Polivalente e a Aula de Ensaio, permitindo unha circulación sinxela, tamén para as persoas con discapacidade física. A inclusión dunha gran escalinata/bancada converte o hall nun espazo máis de representación escenográfica, espazo plurifuncional. Ofrece a posibilidade de organizar eventos de espectáculos non convencionais. A zona de recepción ten unha gran barra de atención que foi deseñada pensando na posibilidade de incorporar o servizo de bar ou de gardarropía.

b) Sala Principal do Auditorio: O deseño desta Sala Principal conta con accesos a dous niveis distintos, en total ten 4 portas; dous a nivel de planta semisoto e dúas en planta baixa, a pé de rúa. Todos os accesos están dotados de dobre porta para garantir a correcta insonorización da sala e son accesíbeis a todos os públicos. As aperturas sitúanse de tal maneira que non molestan nin distraen o público e o seu repartición facilitan o movemento dos espectadores no momento de entrada e saída da función. O anfiteatro ten unha pendente continua onde se sitúan as butacas de maneira lineal, paralelas ao escenario. Esta configuración garante a máxima visibilidade de todos os espectadores desde todos os puntos do anfiteatro. Aforo: 464 persoas.

c) Sala Polivalente: A Sala Polivalente está situada no andar primeiro. É o corpo elevado por piares que xera o espazo de soportal de entrada. A súa imaxe está en consonancia cos principios de deseño da sala principal. O acceso do público realizarase desde o vestíbulo principal do edificio a través de dous núcleos de escaleiras abertas sobre as bancadas. A sala ten dobre acceso lateral que responde a unha clara xerarquía, unha entrada principal e unha secundaria. O Concello de Ribeira lembra que as portas de acceso estarán nunha posición que non distraia ao público nin aos actores. A posición exenta desta peza polivalente garante a posibilidade de ser utilizada de maneira independente. Ademais facilita a correcta separación sonora das dúas salas de concertos. Aforo: 120 butacas.

d) Aula de Ensaios: A aula de ensaios ou usos múltiples atópase en planta semisoto e o seu acceso prodúcese desde o vestíbulo principal. A súa distribución e o feito de ter dous accesos permite o seu subdivisión en dúas salas de ensaio de menor cabida. As súas dimensións e proporcións espaciais permiten o ensaio de espectáculos de danza, música ou teatro. Esta sala esta conectada cunha galería de servizo por baixo da laxa inclinada do anfiteatro que permite a conexión entre as instalacións e o escenario. Esta circulación técnica comunicará os diversos espazos e evitará cruzar espazos públicos. Os músicos poderán desprazarse en todo momento desde a sala de ensaios ao escenario e camerinos de maneira fácil e rápida.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...