En Ribeira os asistentes ao autocine poderán degustar menús mentres ven “María Solinha”

A conmemoración do Día Internacional da Muller prosegue este venres cunha sesión autocine na que se proxectará a película “María Solinha” de Ignacio Vilar (19.30 horas no aparcadoiro fronte ao CIFP Coroso) que terá a
orixinalidade de que, mentres contemplan a película, os asistentes terán a oportunidade de degustar menús preparados en tres establecementos hostaleiros locais: Furancho Galician Food, Restaurante O Paseo e Restaurante D’Vicio.
As entradas para ver o filme (de balde) pódense reservar en
www.autocine.gal (aínda quedan prazas dispoñibles) en tanto que os
menús pódense pedir con antelación nos referidos establecementos e
recoller no propio recinto (excepto no caso de O Paseo, que está ao
lado).
A apertura de portas terá lugar ás 18.30 horas.

Por outra parte, cómpre informar de que o Concurso de TikTok pola
Igualdade do Concello de Ribeira “Eu tamén sei facer, e ti que fas?”
amplía o prazo de envío de vídeos ata o próximo venres 19 de marzo
ás 00:00 horas. As bases están na web www.ribeira.gal.