En Ribeira dáse luz verde á contratación inminente de oito obras en sete parroquias

11 Marzo 2021
A renovación da contorna da Amarella, no núcleo urbano de Ribeira, está incluída na listaxe de proxectos

O Concello de Ribeira deu luz verde aos expedientes de contratación de oito actuacións que se van executar en sete parroquias do municipio, sumando un investimento total de 707.492 euros. Nos vindeiros días darán comezo as aperturas dos distintos prazos de presentación de ofertas por parte das empresas interesadas en executar estas obras, todas elas enmarcadas en distintos Plans Provinciais de Obras e Servizos (POS).

Trátase de :

1. Renovación servizos en Rúa do Vilar (Palmeira) : 134.602 €

2. Segunda fase da execución de beirarrúas na estrada AC-550 no treito da Gándara (Oleiros): 56.611’12 €

3. Pavimentación de camiño en Sego (Artes): 30.719 €

4. Renovación servizos na rúa das Américas (Aguiño): 182.934,89 €

5. Pavimentación de camiño en Gándara (Artes): 34.413,63 €

6. Pavimentación e renovación servizos na rúa Falcato e travesía (Corrubedo): 76.133,13 €

7. Pavimentación da praza Amarella (Ribeira): 58.464,19 €

8. Renovación da liña de abastecemento da estrada DP-7305 (Carreira): 133.614,08 €

Outras catro obras licitadas

Todas estas intervencións súmanse a outras catro actuacións pertencentes ao POS que están agora mesmo en período de presentación de ofertas e que suman outros 432.671,35 euros, o que eleva o investimento global desbloqueado nestas últimas semanas a 1.140.163 euros.

Son o acondicionamento do entorno do conservatorio de Aguiño (49.471,12 €), a pavimentación da rúa Romero Ortiz en Ribeira (164.161,24 €), a instalación de beirarrúas e pluviais na Ameixida en Castiñeiras (70.491,20 €) e a renovación da liña de abastecemento no Lugar da Mámoa (148.547,79 euros).

Outros artigos

Chega a Ribeira a exposición que reivindica o legado de José Suárez

A praza do Centenario de Ribeira acolleu hoxe a inauguración da exposición itinerante José Suárez, vida e obra, que recala en Santa Uxía ata o 29de setembro baixo o amparo da Real Academia Galega de Belas Artes e ao abeiro dos actos promovidos con motivo do Día das...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Ayudas sociales: España y Europa” – José Castro López

“Ayudas sociales: España y Europa” – José Castro López

Nadie discute la necesidad de las ayudas sociales propias de cualquier Estado moderno, lo que se discute es su diseño y sus efectos. En este sentido, España ofrece hoy un modelo diferencial cuando se compara con otros países europeos. En los últimos años, el sistema...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.