En Rianxo resolución definitiva das axudas a 81 empresas cun valor total de 141.000 euros

06 Marzo 2021

O Concello de Rianxo emitiu a resolución definitiva das axudas, por un valor total de 141.000 euros, que recibirán 81 autónomos e pequenas empresas do municipio. Estas subvencións encádranse dentro do programa PEL-Reactiva da Deputación da Coruña, que pretende impulsar a recuperación e o emprego nos municipios con menos de 50.000 habitantes.

Deste xeito, as persoas e entidades beneficiarias recibirán contías que oscilan entre os 1.500, 2.000, 2.500 e 3.000 euros. O obxectivo básico desta medida é sufragar os seus gastos máis inmediatos ante as restricións e consecuencias da pandemia que en moitos casos obrigaron ao cese da súa actividade.

As empresas e autónomos e autónomas ás que se lle concederon as axudas terán de prazo ata o 31 de marzo do 2021 para xustificar os gastos que se han financiar. Entre estes está a compra de material antiséptico ou desinfectante; os arrendamentos de maquinaria, vehículos, locais ou instalacións; a adaptación de locais ás medidas de protección fronte á covid-19; seguros de responsabilidade civil ou de accidentes e subministración de auga, gas, combustibles e electricidade.

Desde o goberno local destacaron a importancia deste tipo de axudas para promover a reactivación do tecido empresarial de Rianxo logo do enorme esforzo que supuxo para moitos negocios ter que suspender a súa actividade por mor da situación sanitaria.

Entre as razóns para non concedelas a algunhas solicitudes estaría a existencia de débedas coas administracións e/ou non poder acreditar a redución de ingresos.

Outros artigos

En Rianxo, a AECC pon en marcha o Club de Saúde

A Asociación Española Contra o Cancro pon en marcha en Rianxo o Club de Saúde, un programa gratuíto e dirixido a persoas con cancro, superviventes e familiares. De setembro a novembro, comezando o 24 de setembro, celebraranse oito obradoiros de saúde física, emocional...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Informe PISA, educar para la vida”. Alberto Barciela

“Informe PISA, educar para la vida”. Alberto Barciela

Cuando los fríos guarismos del último informe PISA vuelven a agitar los titulares con la cantinela de nuestras recurrentes carencias educativas, confirmamos que seguimos midiendo el rendimiento de las aulas con la precisión del contable pero con el desdichado desdén...

“Fama sen rede”. Xosé Antonio López Silva

“Fama sen rede”. Xosé Antonio López Silva

Intente vostede falar na cea dun libro ou dunha figura pública que todo o mundo na mesa coñeza. O máis probable é que se atope con miradas de desconcerto. Os máis novos estarán ao tanto dun fenómeno de millóns de seguidores do que vostede nunca oíu falar, e o autor...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.