Declaración Institucional dos Grupos da Corporación ribeirense en apoio á flota artesanal para demandar a eliminación do regulamento de control europeo

A presente iniciativa ten como principal obxectivo por de manifesto a inxustiza existente co sector pesqueiro por mor da modificación do Regulamento de Control aprobada polo Parlamento Europeo o pasado mes de febreiro.
A citada proposta supón a introdución de aspectos novedosos no Regulamento, polo que se establece un réxime comunitario de control para garantir o cumprimento das normas da Política Pesqueira Común, e que causarán graves prexuízos para os intereses da flota de pesca artesanal galega, en canto:
1.- Non se modificou a definición de pesca artesanal, petición realizada dende o propio sector. Continuase describindo a pesca costeira artesanal como a desenvolvida por buques inferiores a 12 metros de eslora e con determinadas artes de pesca. Toda a pesca executada por buques de eslora maior ou con artes non contempladas como artesanais pola UE, entrarían dentro da denominación de industrial. Elo implica que tódalas embarcacións maiores de 12 metros, quedan fora da categoría de pesca costeira artesanal, supoñendo importantes prexuízos para este segmento de
flora, como non poder acceder ás axudas dos Grupos de Acción Local de Pesca (GALP’s) con fondos FEMP.
Non se estimaron os argumentos das organizacións representativas do sector neste sentido, entre outros, de definir a pesca costeira artesanal dende unha perspectiva multiparamétrica, sendo necesario para o recoñecemento da flota que se adica a esta modalidade, o cumprimento de alomenos tres, dos cinco criterios seguintes: 1. Eslora das embarcacións inferior a 12 metros. 2. Distancia do caladoiro, faenar dentro de augas nacionais. 3. Duración máxima das mareas: 24 horas. 4. Utilización de artes de pesca sostibles 5. Máximo de 4 tripulantes enrolados e a bordo.

  1. En aplicación do Regulamento de control en vigor, unicamente os buques menores de 10 metros de eslora están eximidos de levar un diario de pesca electrónico (DEA) a bordo. Coa actual modificación todos os buques de máis de 4 metros deberán notificar dende o barco as súas capturas, aínda que descoñecéndose a forma de traballo
    agrupada que normalmente desenvolven as embarcacións de artes menores que operan en Galicia, principalmente as de marisqueo ou de recursos específicos, e sen terse en conta tampouco as especiais condicións climatolóxicas que predominan na costa galega.
  2. A modificación proposta e aprobada polo Parlamento Europeo incide na implantación de cámaras de voluntarias a bordo dos buques de máis de 12 metros de eslora, salvo para infractores, e entendéndose que esa voluntariedade será premiada con maior cota nas posibilidades de pesca. Non obstante, este aspecto é considerado innecesario para a flota de artes menores tendo en conta o escaso número de especies sometidas a TAC’s e cotas e
    capturadas pola flota artesanal galega, e tamén ao insignificante reparto de especies por buque.
    En definitiva, a modificación proposta do Regulamento considérase de todo inapropiada e inxusta para a flota galega de pesca artesanal, ben por non se ter en conta as súas especiais caracteristicas estruturais nin a forma de desenvolvemento da súa actividade extractiva.
    Por todo o exposto, a Cofradía de Pescadores San Pedro de Riveira, solicita ao Pleno da Corporación do Concello de Ribeira, o apoio incondicional as reivindicacións do sector pesqueiro artesanal e marisqueiro de Galicia e a este respecto, e a adopción dos seguintes acordos:
    O pleno do Concello de Ribeira, mediante declaración institucional asinada por todos e cada un dos membros que integran a corporación municipal solicita aos grupos políticos con representación no Parlamento de Galicia e no Congreso dos Deputados que adopten e executen as seguintes decisións:
  3. ESIXIR A RETIRADA DA PROPOSTA DE MODIFICACIÓN DO
    REGULAMENTO DE CONTROL DA PESCA (CE) Nº. 1224/2009, DO

CONSEJO E APROBADA POR MAIORÍA DOS EURODIPUTADOS
DO PARLAMENTO EUROPEO, EN CANTO VAI EN PREXUÍZO DOS
INTERESES DA FROTA DE PESCA ARTESANAL E DO
MARISQUEO DE GALICIA E ANTE A IMPOSIBILIDADE DO SEU
CUMPRIMENTO.

  1. ESIXIR DUNHA VEZ POR TODAS UNHA DEFINICIÓN EUROPEA
    CLARA E REAL DO CONCEPTO DE PESCA ARTESANAL
    BASEADA NUNHA DEFINICIÓN MULTICRITERIO.
  2. REQUIRIR UN TRATAMENTO DISTINTO E DIFERENCIADO DA
    FLOTA DE PESCA COSTEIRA ARTESANAL RESPECTO AS
    FLOTAS INDUSTRIAL OU SEMUNDUSTRIAL,
    RECOMENDÁNDOSE PARA ELO ÁS AUTORIDADES
    COMUNITARIAS, UN COÑECEMENTO REAL DAS
    CARACTERÍSTICAS ESTRUTURAIS DOS BUQUES DE ARTES
    MENORES, DAS ZONAS DE PESCA DE DESENVOLVEMENTO DA
    ACTIVIDADE E DA SELECTIVIDADE DAS ARTES E APARELLOS
    DE PESCA EMPREGADOS.