Convocada a 2ª edición das Bandeiras Verdes para recoñecer as boas prácticas dos concellos. O Son e Moaña son os únicos que ata agora a teñen

26 Marzo 2021
Director do IET coa bandeira verde.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda convoca por segundo ano consecutivo a concesión do distintivo
Bandeira Verde de Galicia, co fin de recoñecer o esforzo e a implicación dos concellos galegos, e dos seus veciños, na protección dos elementos máis representativos da Comunidade galega: a paisaxe e patrimonio natural.
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a Orde pola que se convocan as bases para a concesión do distintivo Bandeira Verde de Galicia para o ano 2021, co obxectivo -tal e como defendeu o director deste ente, Francisco Barea- de premiar a aqueles concellos que destaquen polas súas boas prácticas ambientais de conservación e protección da paisaxe.
Engadiu que outra das vantaxes do outorgamento deste distintivo é que constituirá un mérito aos efectos da obtención de subvencións en materia de patrimonio natural.
Á segunda convocatoria, a de 2021, poden optar todos os concellos de Galicia que desenvolveran actividades relacionadas coa ordenación territorial, a protección do medio ambiente, o cambio climático, a eficiencia enerxética, a xestión responsable dos residuos, así como accións de sensibilización e comunicación para concienciar aos veciños da
importancia de actuar e avanzar nestes eidos.
En definitiva, trátase de distinguir aos concellos máis dinámicos neste eido, desenvolvendo boas prácticas para o coidado da súa contorna, o respecto á paisaxe, a redución das súas emisións de CO2, o fomento da correcta xestión do lixo, a adopción de medidas para garantir a integridade e limpeza de espazos de interese, a posta en valor de monumentos naturais, ou a redución do consumo enerxético.
Galicia dispón dunha rica e extensa diversidade paisaxística e un distintivo como a Bandeira Verde fortalece a imaxe das vilas e pobos de Galicia; polo que o director do IET recoñeceu que a Bandeira Verde é un recoñecemento que ten por obxectivo apuntalar a Galicia verde, poñen en valor o esforzo dos concellos que implanten boas prácticas e fomenten o compromiso dos seus veciños coa protección da paisaxe a do medio ambiente.

Asemade, esta distinción pretende ser unha correa de transmisión entre o traballo que fan as administracións locais e a implicación da cidadanía no coidado e na protección da contorna natural e paisaxística, amosando o seu compromiso no coidado dos elementos máis representativos.
Os concellos interesados en solicitar a concesión deste distintivo, que na actualidade só ostentan os concellos de Porto do Son e Moaña, poderán presentar a súa candidatura, só por medios electrónicos, dende o 27 de marzo ata o 30 de xuño.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...