Boiro efectúa obras de pavimentado pendentes en diversos puntos do municipio

O Concello de Boiro executa obras de pavimentado que estaban
pendentes dos Plans de Obras e Servizos da Deputación Provincial da Coruña.
O bo tempo dos últimos días permitiu que se levaran a cabo diversos traballos de pavimentado previstos.
Nos últimos días iniciáronse as obras de pavimentado nun tramo entre
Coroño e Ordenario. Actuouse nunha superficie de 730 metros cadrados, que na actualidade presentaban unhas deficiencias no pavimento indicativas do deterioro superior do firme e con gastos excesivos de conservación ordinaria, polo que se precisa unha rehabilitación superficial para conservar e mellorar as características funcionais e a protección do conxunto do firme.
Estes días estase actuando tamén no núcleo de Carboeiro e ampliación
do cruce. Actuouse nunha superficie de 815 metros cadrados nos que existen deficiencias de deterioro no firme e tamén nas redes de captación de pluviais.
Tamén se van a realizar obras de pavimentado na zona de Carboeiro, Enseño en Cures En canto o tempo o permita, vanse continuar con obras de pavimentado pendentes en outros puntos do municipio. Están pendentes traballos de renovación do pavimento en Coroño, Cabo, Cespón, Treites e tamén en Graso.
Todos eles con cargo ao Plan de Obras e Servizos da Deputación Provincial da Coruña.