A Xunta convoca os exames de 2021 para o manexo das embarcacións de lecer e motos naúticas

07 Marzo 2021

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou esta semana as datas para a realización dos exames ordinarios teóricos e prácticos para obter os títulos que permiten manexar embarcacións de lecer e motos náuticas en Galicia. As titulacións para as que se convocan os exames son patrón para a navegación básica, patrón de embarcación de lecer, patrón de iate, capitán de iate e patrón de motos náuticas A e B. Para optar a elas realizaranse exames teóricos e prácticos nos centros oficiais de ensino pesqueiro da
Consellería do Mar.
No caso de patrón para a navegación básica, os exames teóricos realizaranse o 10 de maio e o 6 de setembro; as probas teóricas de patrón de embarcación de lecer serán o 11 de maio e o 7 de setembro; e as de patrón de iate realizarase os días 12 de maio e 8 de setembro. Os exames prácticos destas tres titulacións realizaranse o 14 de maio e o 10 de setembro e todas estas probas terán lugar no Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do
Atlántico de Vigo e nas Escolas Oficiais Náutico-Pesqueiras de Ferrol e Ribeira. En relación aos exames de capitán de iate, o teórico realizarase o 13 de maio e o 9 de setembro, e o práctico terá lugar o 14 de maio e o 10 de setembro. Os exames teórico epráctico de patrón de moto náutica A e B serán o 13 de maio nunha única convocatoria.
Estas probas de capitán de iate e de patrón de moto náutica A e B realizaranse no Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo.
As persoas interesadas en presentarse aos exames teóricos e prácticos deberán solicitar a súa admisión mediante unha solicitude dirixida ao centro oficial de ensino pesqueiro onde realizará o exame. O modelo de solicitude figura como anexo I da resolución que publicou o xoves desta semana o DOG. Ademais na resolución poderán consultar os requisitos
necesarios e a documentación complementaria que debe presentar coa solicitude. Para a convocatoria de maio poderán inscribirse do 5 ao 16 de abril, ambos incluídos, e para a de setembro o período de matrícula é do 12 ao 23 de xullo, ambos incluídos.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal . Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes de xeito presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo
común.
Unha vez publicada a listaxe definitiva de aspirantes aos exames, a Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro nomeará os tribunais para a realización das probas, e indicará as horas dos exames no taboleiro de anuncios do centro de ensino e no portal web de formación da Consellería do Mar.
Dada a situación sanitaria derivada da covid-19, e no caso de que nun ou en varios dos centros de ensino exista un número elevado de persoas inscritas para algunha das probas convocadas, poderase realizar o exame en varias quendas. Neste caso, unha vez publicada a lista definitiva de admitidos/as no portal web de formación da Consellería do Mar e nos taboleiros de anuncios de cada centro oficial de ensino, comunicaráselle ás persoas
interesadas as quendas nas que se realizarán as probas.
A continuación móstranse as datas dos exames e os centros onde se efectuarán, tanto na súa convocatoria de maio coma na de setembro. Cabe recordar que, no caso de patrón de moto náutica A ou B, non hai convocatoria de setembro.

Exames extraordinarios
Esta semana tamén se publicaron no DOG as datas para a realización dos exames extraordinarios teóricos das titulacións para o goberno de embarcacións de lecer. Estas probas extraordinarias son as que están destinadas ao alumnado matriculado nas escolas de navegación de lecer homologadas. Neste caso hai tres convocatorias e son estes centros
os que se encargan dos trámites para poder presentar ao seu alumnado aos exames.
Para a convocatoria de abril destas probas as escolas de navegación de lecer poden inscribir ao seu alumnado desde o pasado venres ata o 16 de marzo, incluído; para a de xullo entre o 31 de maio e o 11 de xuño, ambas datas incluídas, e para a de decembro, o período de matrícula é do 25 de outubro ao 8 de novembro, ambos incluídos.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...