A Policía de Ribeira abre dilixencias contra un condutor que se deu á fuga logo de chocar en Xarás

01 Marzo 2021

A Policía Local de Ribeira vai abrir dilixencias por un presunto delito contra a seguridade viaria a un veciño da comarca que se deu a fuga logo de chocar co seu coche xunto á rotonda de Xarás.

Os feitos aconteceron na noite pasada, a do 28 de febreiro. Así, en torno ás 22.45 horas unha patrulla acudiu a un aviso por un vehículo que se saíra da vía e chocara contra a illeta de Xarás derribando ao seu paso un sinal abeirado á rotonda, dándose con posterioridade á fuga.

Unha vez no lugar dos feitos, os axentes observaron restos de cristais dos faros do vehículo, o pase de roda da parte dianteira dereita e outros restos de aceite dende a rotonda.

Logo de alertar aos bombeiros para que procedesen á limpeza da vía e tras ser asegurada a zona, a patrulla seguiu as manchas de aceite ata localizar o vehículo accidentado en Deán Pequeno.

Procedeuse á comprobación do titular do mesmo, que resultou ter o seu domicilio fóra do termo municipal ribeirense e contactouse con el por vía telefónica. O home negou que tanto el como o seu vehículo estiveran en algún momento en Ribeira nin que deixara o coche a ninguén.

A tenor dos indicios existentes decidiuse abrir dilixencias por un suposto delito contra a seguridade viaria.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Recreación histórica” – Xulio Xiz

“Recreación histórica” – Xulio Xiz

As festas de recreación histórica están de  moda. Algunhas, coma o Arde Lucus, permiten a unha cidade reivindicar con entusiasmo feitos do pasado, conseguindo difícil unanimidade arredor dunha historia, lenda ou idealización. O mesmo acontece con labores extintas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.