A aula CEMIT de Ribeira organiza cursos sobre a seguridade na rede e banca electrónica

A Aula CeMIT de Ribeira vai acoller durante os meses de abril, maio e xuño un total de 160 horas formativas distribuídas en dez cursos abertos á poboación do municipio. Todos eles, de carácter presencial, gratuítos e
respectando as normas de seguridade anticovid, tal e como explicou a concelleira de Innovación Tecnolóxica, Ana Barreira, nun acto no que estivo acompañado do axente TIC Manuel Vello.
Dúas das acción serán novidosas en relación a anteriores convocatorias: concretamente, un seminario de seguridade en Internet que terá lugar do 7 ao 9 de abril e outro da banca electrónica, do 1 ao 4 de xuño.
O certificado dixital, libreoffice, iniciación á informática, ferramentas de google, retoque de imaxe (Gimp), editor de textos write, folla de cálculo e é-saúde son os outros cursos que se impartirán ao longo da primavera.
Inscricións
O prazo de inscrición comeza mañá martes ás 9 horas ata curbir prazas. Pódese formalizar contactando coa propia Aula CeMIT situada en Cubeliños (teléfono 981 876 043) ou a través do enlace https://cemit.xunta.gal/es/centro/67.
Cómpre lembrar que a aula ten un cincuenta por cento de capacidade (seis prazas), que o uso da mascarilla é obrigatoria durante toda a sesión e que haberá ventilación continua durante as clases e hixiene
de mans a disposición dos usuarios.
Relación de cursos:

CURSOS ABRIL – MAIO

Certificado dixital – Sede electrónica.
Contido:

Comprender que é un certificado dixital e cales son os pasos para obtelo, facer copia del
e renovalo. Coñecer algúns trámites electrónicos que ofrecen as Administracións
públicas.
Data:
05 de abril de 2021  – 08 de abril de 2021
Horario: 10:00 – 11:30
Data:
05 de abril de 2021  – 08 de abril de 2021
Horario: 16:30 – 18:00
Seminario de Seguridade en Internet.
Contido:
Coñecer os riscos que supón a navegación pola Internet. Tomar as precaucións
adecuadas para a navegación. Medidas preventivas.
Data:
07, 08, 09 Abril
Horario: 11:30 – 13:00.
Libreoffice.
Contido:
Manexo do editor de texto, da folla de cálculo e do creador de presentacións –
LIBREOFFICE
Data:
12 de abril de 2021  – 26 de maio de 2021. Luns e mércores
Horario: 09:30 – 11:00
Iniciación á informática.
Contido:
Descubrir diferentes utilidades do ordenador. Coñecer os elementos básicos dun
ordenador. Familiarizarse co uso do teclado e do rato. Familiarizarse co uso dun sistema
operativo. Crear e xestionar cartafoles e ficheiros. Abrir, utilizar e pechar programas.
Iniciarse na navegación pola Internet.
Data:
15 de abril de 2021  – 27 de maio de 2021 . Martes e xoves
Horario: 09:30 – 11:00
Ferramentas de google.
Contido:
Manexo do google drive, google calendar, google maps, google photos
Data:
15 de abril de 2021  – 27 de maio de 2021 . Martes e xoves
Horario: 11:30 – 13:00. Martes e xoves
Retoque de imaxe. Gimp.
Contido:

Co programa Gimp realizar pequenos retoques de imaxe, inserir texto nunha fotografía
cun formato axeitado, modificar as propiedades da cor dunha fotografía, …
Data:
13 de abril de 2021  – 13 de maio de 2021
Horario: 16:30 – 18:00

CURSOS XUÑO

BANCA ELECTRÓNICA
Contido:
Supostos con dúas webs sobre banca electrónica
Data:
01 de xuño de 2021  – 04 de xuño de 2021
Horario: 10:00 – 11:30

SEMINARIO WRITE
Contido:
Manexo do editor de texto do libreoffice
Data:
07 de xuño de 2021  – 11 de xuño de 2021
Horario: 10:00 – 11:30
SEMINARIO CALC
Contido:
Manexo da folla de cálculo do libreoffice
Data:
14de xuño de 2021  – 18 de xuño de 2021
Horario: 10:00 – 11:30
SEMINARIO É-SAÚDE
Contido:
Manexo da ferramenta do sergas É-Saude:
Data:
21 de xuño de 2021  – 23 de xuño de 2021
Horario: 10:00 – 11:30