Xulgan a dous acusados por agredir a unha persoa durante unha pelexa en Portosín

21 Febreiro 2021


A sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña celebrará os días 24 e 25 o xuízo contra dous acusados de agredir a unha persoa durante unha pelexa multitudinaria, que tivo lugar nas inmediacións do porto de Portosín, segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Para cada un deles, e por un delito de lesións, a Fiscalía pide catro anos de cárcere. No seu escrito de cualificación sostén que, sobre as catro da madrugada do 18 de agosto de 2013, nas proximidades do porto, “iniciouse unha pelexa tumultuaria entre un nutrido grupo de persoas”.

Ademais, indica que, no transcurso da mesma, un dos acusados, “con ánimo de atentar contra a integridade física” da vítima golpeoulle na cara cun obxecto de cristal. Tras fuxir de lugar e facer unha parada, a outra acusada, indica o Ministerio Púbico, tamén lle agrediu cun obxecto de cristal na cara.

A Fiscalía solicita que os acusados indemnicen, de maneira conxunta e solidaria, á vítima nas cantidades de 23.000 euros por incapacidade e curación, 43.335 euros polas secuelas e 14.000 euros polas secuelas estéticas producidas.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“La Galicia de los cien años” – José Antonio Constenla

“La Galicia de los cien años” – José Antonio Constenla

Álvaro Cunqueiro imaginó muchas veces Galicia como el lugar donde lo extraordinario convivía con lo cotidiano. Una tierra en la que la realidad siempre deja espacio para los milagros y quizás uno de esos pequeños milagros sea que el tiempo aquí transcurre de otra...

“Carreira, sempre no corazón” – José Manuel Pena

“Carreira, sempre no corazón” – José Manuel Pena

Carreira pasou de ser un destino a un lugar de paso. Fai unhas cantas décadas, a parroquia de maior extensión e con máis antigüidade do municipio de Ribeira, era un pobo bulicioso e con gran actividade comercial e social. Un centro de lecer e diversión para persoas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.