SumaRibeira achega ao Concello un paquete de propostas para mellorar a accesibilidade e os servizos nos Areeiros

04 Febreiro 2021

O grupo cidadán SumaRibeira, a través do concelleiro Xurxo Ferrón, emitiu un comunicado no que solicita ao Concello a posta en marcha de medidas para mellorar a rede viaria e os servizos de Castiñeiras nas contornas do Castro e Arereiros, poñendo o foco na seguridade e na accesibilidade, entre outros asuntos. Entre as medidas achegadas atópase unha solicitude para arranxar os desprendementos de terra que se producen dende unha finca situada á altura da zona recreativa do Castro (na estrada xeral, entre as vivendas números 186 e 184). Estes desprendementos, sinala a agrupación, “están a reducir o ancho dunha beirarrúa que xa destaca, de por si, por ser demasiado estreita”.

SumaRibeira tamén pide que se arranxen os problemas de accesibilidade (moi próximos á zona de desprendementos) que se derivan da existencia dun muro que impide o libre paso dos peóns que transiten pola beira, obrigando aos viandantes a baixar á estrada e pisar o asfalto para salvar “o incomprensíbel atranco, que xa hai bastantes anos se lle permitiu poñer á última empresa que durante pouco tempo exerceu a súa actividade na zona que hoxe ocupa a área recreativa”.

Outro dos puntos que segundo a agrupación necesitan actuacións urxentes atópase na zona da área recreativa do Castro, onde “non resulta comprensíbel como o alumeado que leva moitos meses instalado aínda segue sen funcionar”.

Na mesma contorna, SumaRibeira solicita que se protexa dalgún xeito os contedores que ocupan a beiravía dos temporais do suroeste, que rematan en moitas ocasións por envorcalos, “situación que temos observado nos situados ao lado da vivenda número 190 de Castiñeiras-Areeiros, a pouca distancia na beira de enfronte, xunto á parada do autobús, e nos que están no mesmo lado da estrada a uns trescentos metros cara a Aguiño”.

Asemade, reclaman a instalación na zona recreativa do Castro dun parque biosaudábel e unha mellora no firme da estrada principal que evite a acumulación de auga sobre o pavimento, o que xera riscos para os condutores pero tamén para os peóns e para as vivendas próximas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.