Só queda xa un positivo na residencia de Ribeira. Sen positivos no cribado do comercio local

09 Febreiro 2021

Un dos empregados que se contaxiou na Residencia de Maiores de Ribeira recibiu a alta, segundo informou a Consellería de Política Social. Era o último que quedaba por curarse.

Segundo os datos facilitados hoxe permanece aínda como positivo un dos residentes que fora trasladado ao Centro Galego de Desenvolvemento Integral ( Cegadi).

A boa nova tamén era coñecida hoxe pola área sanitaria Santiago- Barbanza. O cribado realizado o domingo no Hospital do Barbanza a 210 traballadores/as dos comercios de Ribeira cunha participación do 92,58% dou como resultado 0 positivos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.