Os empresarios de Ribeira mobilízanse este mércores 24 a prol da hostalería

23 Febreiro 2021

A Asociación de Empresarios de Ribeira vén de emitir un comunicado no que mostra a súa postura respecto dos graves problemas polos que están a pasar os establecementos hostaleiros na actual crise sanitaria e económica, e sobre a necesidade de reclamar plans de rescate para a súa supervivencia. Segundo fai saber a entidade ribeirense, na asemblea realizada este luns 22 tomouse a decisión (por unanimidade de todos os asistentes) de convocar unha concentración este 24 de febreiro.

A mobilización está previsto que comece ás 19.00 horas na praza do Concello, e con ela a asociación quere dar visibilidade á dramática situación na que se atopan a hostalería e a restauración, debido ás medidas de peche decretadas para a súa actividade.

A patronal pide a máxima colaboración, respectando as normas anti-COVID preceptivas, así como levala a cabo dentro “da boa orde” e “o comportamento que se debe para unha actividade reivindicativa pacifica”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.