O PSOE de Ribeira pide que se solucionen os problemas de canalización do tellado do Consistorio

10 Febreiro 2021

O grupo socialista de Ribeira, a través do seu concelleiro José Manuel Suárez-Puerta, presentou unha pregunta para ser tratada en pleno relativa ao estado no que se atopa a cuberta da Casa do Concello. Segundo fai saber, “o tellado do edificio e as instalacións adicadas á evacuación da auga da choiva da mesma presentan na actualidade un estado de abandono evidente”.

Tamén engade que “esta falta de mantemento orixina o medre de todo tipo de herbas, coas baixantes deterioradas ou sen funcionalidade por estar entupidas pola vexetación procedente da cuberta”.

Os socialistas informan que estas deficiencias agudízanse na entrada da rampla habilitada para o acceso a persoas con mobilidade reducida, que nos días de choiva reciben sobre elas a auga que non é canalizada debidamente antes de poder acceder ás instalacións municipais.

Tendo en conta todo o exposto, o grupo pide ao equipo de Goberno do Concello que emende as “evidentes deficiencias que presente o Consistorio”.

Outros artigos

Ribeira prepara xa a III Milla do Día da Hispanidade

O Concello de Ribeira colabora coa Escola de Boxeo El Canario no desenvolvemento da III Milla Día da Hispanidade que se celebra o vindeiro luns 12 de outubro con saída ás 11.00 horas, dende o Malecón. Á presentación asistiron o concelleiro de Deportes, Álex Vidal, e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.