O PSOE de Ribeira avoga por coordinar as axudas COVID da Xunta, as deputacións e os concellos

01 Febreiro 2021

Os socialistas de Ribeira, a través do seu concelleiro José Manuel Suárez-Porta, presentou para ser tratada en pleno unha proposta relativa á necesidade de poñer en marcha medidas colaborativas e coordinadas entre as institucións galegas que axuden ás medianas e pequenas empresas, principalmente do sector hostaleiro pero tamén doutros sectores (como o turístico, o do lecer, o de actividades recreativas e o cultural), a recuperarse dos importantes embates da crise sanitaria e económica.

“As dificultades son de especial importancia entre aquelas empresas e autónomos que ven limitada a súa actividade polas restricións derivadas da pandemia, xa sexa a través de limitacións de aforamentos, redución de horarios ou limitacións de espazos operativos para o normal desenvolvemento da súa actividade”, explica o grupo socialista, poñendo o foco nos posíbeis beneficios que tería a posta en marcha dunha mesa de coordinación entre as diferentes administracións, “tal e como foi solicitada hai nove meses polo presidente provincial ao presidente da Xunta”, recordan. Esta mesa, din, “tería o obxectivo de traballar de forma coordinada para evitar duplicidades nas axudas e facelas máis eficientes para os sectores económicos que máis sufriron (e seguen sufrindo) as medidas restritivas que, desgraciadamente, houbo e hai que seguir adoptando”.

Para os socialistas, “resulta evidente que a adopción das medidas necesarias para protexer a saúde da cidadanía debe ser unha prioridade, pero non por iso podemos perder de vista que, ao adoptarse estas medidas, prexudicamos a economía de centos de familias cuxos únicos ingresos dependen da súa actividade laboral ou económica”.

Polos motivos devanditos, o PSOE de Ribeira solicitará en pleno ao Concello que inste á Xunta para que “dende o diálogo e o respecto á autonomía local, acorde coas deputacións provinciais e os concellos un plan de rescate para os sectores da hostalaría e o turismo no que estas administracións participen do seguinte modo: que a Xunta, as Deputacións e os Concellos de máis de 20.000 habitantes acheguen o 1% dos seus orzamentos, achegando os restantes municipios cantidades cuxo importe se calcule de xeito proporcional ao peso dos sectores máis afectados en cada territorio local”.

Outros artigos

Aguiño rende culto á navalla na súa décima festa gastronómica

A lonxa de Aguiño converteuse este domingo no epicentro gastronómico do Barbanza coa celebración da X Festa da Navalla. Centos de persoas achegáronse ata as inmediacións do recinto portuario para degustar un total de 600 quilogramos deste bivalvo, despachado á prancha...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Falta de oportunidades e marxinación” – José Manuel Pena

“Falta de oportunidades e marxinación” – José Manuel Pena

Hai xente moi miserable. Chamando ratas, animando á caza e á pesca de migrantes por parte de responsables públicos é un evidente delito de odio e unha carencia de ética e moralidade da máis elemental. Os cidadáns normais non podemos unir o noso silencio ante tantas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.