O GAEM de Ribeira desenvolveu en 2020 un total de 411 intervencións

08 Febreiro 2021

O Concello de Ribeira fixo balance este luns da intensa actividade xerada polo Grupo de Apoio e Emerxencias Municipal de Ribeira (GAEM) ao longo dun ano tan complexo como o que vimos de deixar atrás. Segundo fixo saber, o grupo realizou en 2020 un total de 411 intervencións, unha cifra que, en palabras do Concello, pon ao GAEM local “á altura dos servizos de emerxencias máis activos de Galicia”.

Así se explicou durante a presentación da nova dotación de material que o Concello vén de recibir da Xunta de Galicia a través da Consellería de Presidencia: concretamente unha furgoneta subvencionada pola Dirección Xeral de Administración Local e unha tenda de campaña que servirá como posto de mando avanzado ou PMA (subministrada pola Dirección Xeral de Emerxencias e Interior).

O alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz Rivas, quen estivo acompañado do concelleiro de Seguridade Cidadá Víctor Reiriz e de integrantes tanto do GAEM como da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, manifestou que “as intervencións máis elevadas tiveron que ver coa asistencia a accidentes de tráfico e outras incidencias na circulación, a recollida de animais; e a participación en operativos planificados: especialmente os relacionados coa COVID, como por exemplo distribución de máscaras de protección, desinfeccións, reparto de medicamentos entre persoas confinadas, control de mercadiños, etc”. Segundo engadiu, entre estas tres modalidades sumáronse máis de 300 intervencións, en tanto que outras 40 tiveron que ver coa colaboración na extinción de incendios.

Ruiz Rivas salientou o acerto de “crear no seu día a nivel municipal un grupo de emerxencias propio para atender toda clase de incidencias e axudar dende o ámbito das súas competencias a contar cun municipio máis seguro”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Fronteiras”. Xulio Xiz

“Fronteiras”. Xulio Xiz

Axiña fará catro anos que físicamente nos deixou Darío Xohán Cabana, pero segue entre nós coa obra que nos deixou, especialmente aos chairegos, marcados para sempre.Pensei en Darío estes días cando a invasión de Ceuta por milleiros de marroquís, nova marcha verde,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.