O BNG pide medidas urxentes e áxiles para atallar a mortaldade de moluscos na ría de Arousa

10 Febreiro 2021

O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), a iniciativa das deputadas Rosana Pérez Fernández e Montserrat Prado Cores e deputado Luis Bará Torres, presentou unha proposición relativa ás actuacións a realizar debido á mortaldade de moluscos e perda de ingresos no sector marisqueiro das rías de Arousa e Pontevedra. A proposta ten a súa orixe directa nas graves consecuencias que tiveron as intensas choivas no litoral galego que se deixaron notar, especialmente, nas praias das rías de Arousa e Pontevedra.

O BNG lembra que todas as confrarías concernidas coinciden en subliñar que os grandes aportes de auga doce recibidos “provocaron unha baixada importante da salinidade da auga do mar e, no referido ás de Arousa, sinálase directamente como contribución a esa baixa salinidade o exceso de auga doce procedente da presa de Portodemouros (Vila de Cruces e Arzúa)”, explica o grupo nacionalista, engadido que se trata dun encoro que carece de comportas e funciona cun sistema de rebose que “xa ten causado problemas na ría noutras ocasións”.

O BNG apunta que no caso das praias de Rianxo “a mortaldade cóntase por toneladas” e, dende logo, supera con creces ao que incluso nun principio se estimaba, afectando sobre todo á cría de berberecho e comprometendo moi seriamente a campaña do vindeiro verán.

O grupo nacionalista fai saber que se a todo isto “sumamos a problemática xeral que ten provocado a pandemia no relacionado coa comercialización deste tipo de produtos e a consecuente merma nos ingresos das mariscadoras e mariscadores”, o resultado é “unha verdadeira situación de angustia para as e os profesionais do mar”. Neste contexto o BNG considera que se fai necesaria “unha avaliación, un seguimento, unha análise das consecuencias da perda de recurso para o sector nas diferentes rías e unha toma de decisións áxiles que impidan que esta nova crise siga a ter repercusión nos ingresos dos mariscadores e mariscadoras”.

Por todo o exposto, o Grupo Parlamentar do BNG pide que se expliquen as causas da alta mortalidade de molusco nas rías de Arousa e Pontevedra; e que se dea conta das medidas adoptadas para enfrontar “esta mortaldade, a previsíbel falla de recursos que van sufrir os mariscadores e mariscadoras desas rías e as accións concretas para a rexeneración dos bancos afectados e das partidas para atendelas”. Tamén solicitan que se explique que protocolo de actuación existe para facer un seguimento preciso da evolución destas problemáticas e en que consiste.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Ketty Garat, periodista de año” – José Castro López

“Ketty Garat, periodista de año” – José Castro López

La elección de la ferrolana Ketty Garat como mejor periodista del año 2025 por parte de la Asociación de la Prensa de Madrid no es solo un reconocimiento a su actividad profesional impecable, es también una reivindicación del periodismo de investigación, esencial para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.