O BNG de Ribeira di que “son continuas” as verteduras nos Mosqueiros e Coroso

17 Febreiro 2021

O Bloque Nacionalista Galego de Ribeira, a través do seu concelleiro Xosé Vázquez Cobas, vén de poñer o foco nos problemas ambientais do concello, desta volta facendo fincapé nas praias de Coroso (Ribeira) e Mosqueiros (Castiñeiras). En concreto, os nacionalistas rexistraron unha iniciativa para que os servizos técnicos municipais abran unha investigación “que determine o motivo das verteduras continuas que se producen nos Mosqueiros e en Coroso”.

O voceiro nacionalista, Xosé Vázquez Cobas, recriminou o que considera unha “falta de interese do Partido Popular para procurar unha solución a este problema constante no tempo”. Para Vázquez, “é intolerabel que Ruiz Rivas ignore a realidade e lle minta á veciñanza dicindo que só se producen alivios de augas pluviais puntualmente no canto de procurar solucións ás verteduras que se repiten de maneira periódica tanto na zona de Coroso como en Mosqueiros”.

Aseguran no BNG que non “é un caso illado”, pois “ocorre de maneira recorrente noutros puntos do concello como Coroso, Mosqueiros ou Areeiros entre outros”. Nestes puntos, engaden, “rexístranse verteduras de augas pluviais mesturadas con fecais tanto en épocas de chuvia como en épocas secas como o verán”.

Os nacionalistas critican novamente a infraestrutura da EDAR e “as conducións que levan os residuos urbanos até a estación depuradora”. No caso concreto de Mosqueiros, existe “un grave problema que provocou mobilizacións da veciñanza e a denuncia por parte do BNG ante o SEPRONA en agosto do ano 2016 e diversas iniciativas en 2017 e 2020”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.