En Ribeira xa se pode anotar a mocidade interesada no curso de limpeza de espazos abertos da Deputación

18 Febreiro 2021

A Deputación Provincial da Coruña, no marco do Proxecto Eixo_ Estratexia de Inserción Xove do Plan de Emprego Local, oferta formación correspondente ao certificado de profesionalidade de “limpeza de espazos abertos e instalacións industriais”.

Esta forma parte dun itinerario formativo que tamén contempla formación transversal e complementaria en igualdade de oportunidades, lingua estranxeira e novas tecnoloxías, prevención de riscos laborais, sesións grupais e individuais de orientación e desenvolvemento de competencias e habilidades para a inserción laboral.

Lugar e datas de realización:

A formación teórico – práctica realizarase en Muros ou Cerceda.

O inicio da mesma está previsto para mediados do mes de marzo.

Requisitos das persoas candidatas:

  • Ter cumpridos 16 anos de idade e ser menor de 30.
  • Estar en situación de desemprego coa tarxeta de demandante de emprego vixente á data do prazo de inscrición (non se admite mellora de emprego).
  • Estar empadroadas nalgún dos concellos da provincia da Coruña.
  • Estar inscrita e ser beneficiaria do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

Prazo e lugar de preinscrición:

Ata o 2 de marzo ás 14:00 horas no Servizo de Orientación Laboral do Concello de Ribeira (Lugar de Fafián, 29 – 15960 Viveiro de Empresas).

O envío de candidaturas realizarase por orde de entrada das solicitudes.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la furia al talento” – José Castro López

“De la furia al talento” – José Castro López

El próximo fin de semana vuelve la Liga y es un buen momento para recordar el triunfo de La Roja en el Mundial y desear que el fútbol español conserve los valores que hicieron posible aquella gesta. En los Juegos Olímpicos de Amberes de 1920, España se enfrentaba a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.