En Ribeira, concedidos os premios dos concursos de decoración da hostalería

05 Febreiro 2021

O Consistorio de Ribeira acolleu este venres a entrega dos galardóns dos concursos de decoración hostaleira de Ribeira: un certame impulsado polo Concello na tempada de Nadal para distinguir as mellores creacións de escaparatismo dos locais hostaleiros. Foron tres galardóns (primeiro, segundo e terceiro premio) que puxeron de manifesto o talento e a creatividade do sector en Ribeira.

Así, a Pizzería D’Vicio, a Viñoteca Abuela Gloria e o Bar Snack resultaron os distinguidos conforme os gústame recibidos pola veciñanza na páxina Entérate Ribeira en Facebook. Ademais de cadanseu diploma conmemorativo, obtiveron premios en metálico por valor de 300, 200 e 100 euros, respectivamente.

Novas axudas ao sector

Durante a súa intervención no acto de entrega (no que tamén estivo a concelleira de Cultura, María Sampedro), o alcalde Manuel Ruiz anunciou que se están a estudar novas axudas para a hostalería local, “un dos colectivos máis afectados pola pandemia”. Entre elas, barállase a posibilidade de recibir bonificacións nas taxas deste ano de auga e lixo (das que tamén se beneficiaría o sector turístico) ou novas subvencións, “ben adheríndose a plans promovidos por outras administracións (onte mesmo saíron a resolución definitiva do PEL Reactiva) ou de xeito directo”, dixo, engadindo que están pendentes de realizarse (cando “o permita a situación”) os cursos para a hostalería impartidos polos chefs Kike Piñeiro e Iñaki Bretal. Tamén anticipou que nas vindeiras semanas porase a disposición do sector envases de café para levar, dando así continuidade á iniciativa emprendida a principios de ano co subministro de envases de comida. Tamén se estudan facilidades para as concesións administrativas de competencia municipal, como poden ser algún chiringuito ou o restaurante do mercado.

Por último, Ruiz Rivas manifestou a súa preocupación por outro sector moi afectado pola crise, o dos postos de téxtil que forman parte do mercadiño semanal, para os cales se está a avaliar algún tipo de bonificación na ordenanza fiscal.

Outros artigos

Corrubedo celebra as súas festas de agosto de 2026

A localidade de Corrubedo celebra as súas grandes festas do mes de agosto cun amplo programa de actividades deportivas, relixiosas e lecrativas que se estenderá durante os días 2, 6, 7, 8, 9, 14 e 15. A programación arrincaou no eido deportivo o domingo 2 de agosto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La crisis de Ceuta” – José Castro López

“La crisis de Ceuta” – José Castro López

La crisis de Ceuta fue analizada desde muchos ángulos, pero la rabiosa actualidad obliga a volver sobre ella porque deja enseñanzas que, como ciudadanos, debemos conocer. Primero, la entrada masiva en Ceuta, más que un episodio migratorio, es un drama humano de miles...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.