Comezan as obras para equipar con beiras e rede de auga a rúa Luís Pimentel de Aguiño

22 Febreiro 2021

O Concello de Ribeira informou este luns do inicio dos traballos para dotar de beirarrúas e auga potábel a rúa Luís Pimentel en Aguiño.

En concreto, esta actuación persegue a construción de beiras para peóns en ambas marxes da vía e a renovación da rede de auga.

Con tal fin efectuaranse as seguintes accións:

• Auga: substituiranse as tubaxes existentes por outras de polietileno de alta densidade de 75 milímetros (con longos de 253 e 258 metros), realizándose as acometidas ás vivendas.

• Beirarrúas: serán de formigón pulido de 12 centímetros de espesor, cunhas lonxitudes tamén de 253 e 258 metros.

As obras están sendo realizadas pola empresa Excavaciones Nima, S.L. e teñen un prazo de execución de cinco meses,

O proxecto supón un investimento de 64.776 euros, enmarcado dentro do Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de Concellos) POS+ 2019.

Outros artigos

O Concello de Ribeira dota ao porto de Aguiño dunha marquesiña

A veciñanza da parroquia de Aguiño xa dispón dunha marquesiña nas inmediacións do porto despois de que a brigada municipal de obras procedese coa súa fabricación e colocación. O Concello de Ribeira dá así resposta a unha demanda veciñal dilatada no tempo para protexer...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

El Papa León XIV, presidente de la Ciudad del Vaticano. Solo datos, no opinion Nos habla con palabras de amor, de la dignidad, del derecho de los oprimidos, de atender y dar protección a quienes buscan un futuro en Europa que en sus países no tiene. El pontífice, que...

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“El viejo cura de aldea” – Manuel Domínguez

El viejo cura de aldea. ¿Le conocí? Don Juan era un sacerdote muy apreciado por los niños, muchos se turnaban para ser monaguillos. Ciertamente alguna tarde solía repartir algún caramelo entre los niños buenos y los no buenos eran buenos, tal vez traviesos. El maestro...